Escoitar

Vigo impartirá dous cursos de reconstrucción de accidentes para a Policía Local aplicando as novas tecnoloxías

Cesvimap, Centro de Experimentación e Seguridade Vial Mapfre ideou un software que reconstrúe as condicións dos accidentes elaborando cálculos rápidos das velocidades e as enerxías de deformación.

venres, 22 out 2004
1098451776policia.jpg
O concelleiro Antonio Coello, xunto co xefe do área de formación da Policía Local de Vigo, Carmelo del Castillo, e o xerente de Mapfre en Galicia sur, Ángel Martínez, presentaron o curso de formación en reconstrucción de accidentes de tráfico para a Policía Local de Vigo.

A petición do Concello, Cesvimap, Centro de Experimentación e Seguridade Vial Mapfre, desenrolou un plan de formación sobre a reconstrucción de accidentes de tráfico. Dito plan está constituído por dous cursos de tres días de duración cada un. No primeiro, "Reconstrucción de accidentes de tráfico: metodoloxía", os asistentes adquirirán os coñecementos técnicos e a metodoloxía completa que esixe a reconstrucción de accidentes.

O curso "Técnicas avanzadas de accidentes de tráfico" vai dirixido a aqueles policías que asistiron ao curso anterior, quenes coñecerán novas técnicas de avaliación dun accidente de tráfico, incluíndo temas como a interpretación de tacógrafos ou os de pegadas e lámpadas. Os alumnos tamén realizarán de forma individual reconstruccións de accidentes utilizando o programa informático desenrolado por Cesvimap, Reconstructor 98.

Reconstructor 98 é un programa de software que axiliza a realización dos cálculos matemáticos das velocidades e o esbozo do accidente de forma instantánea, así como as enerxías de deformación. O programa permite debuxar en tres dimensións unha estrada de distintas dimensións e incluír nela características determinadas, como condicións climáticas, estado do rasante ou sinalización.

O obxectivo do curso é o de poder traballar con atropelos e colisións de maior complexidade técnica e determinar con rapidez e seguridade o grao de culpabilidade dos implicados ao reproducir dixitalmente os feitos. Segundo comentou Carmelo del Castillo, con datos como a pegada de freada, os metros de desprazamento e o peso do vehículo ou do peón accidentado, pódense esclarecer os feitos.

A utilidade desta nova tecnoloxía aplicada á seguridade vial é manifesta, tendo en conta que o ano pasado houbo en Vigo 4.750 copias de oficios por sinistros de tráfico e 3.777 dilixencias, entre informes de prevención e atestados xudiciais.
Descargar todas as imaxes