Escoitar

Corina Porro pedirá á Xunta máis inversións en Vigo nunha próxima visita oficial de Manuel Fraga á cidade

O luns 8 de novembro é a data elixida para a visita oficial do presidente da Xunta a Vigo. Aproveitando a ocasión, a alcaldesa Corina Porro, daralle ao presidente unha lista de proxectos que precisan do investimento da Xunta para 2005.

xoves, 21 out 2004
1098364540cori3.jpg
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, valorou en rolda de prensa os orzamentos da Comunidade Autónoma para 2005. A alcaldesa recoñeceu que a Xunta está a cumprir con tódolos compromisos contraídos e apostando polo desenvolvemento de Vigo, pero indicou que "primeira cidade de Galicia precisa" de máis investimentos.

Corina Porro admitiu que Vigo é a cidade onde máis obra nova está a construir a Xunta e, neste setido afirmou que a cidade terá un carto hospital, unha escola de arte dramático, disputada con outro importante concello como é o de Santiago, e adiantou unha forte inversión en vivenda no Casco Vello. Aínda así, "Vigo quere un compromiso maior", afirmou a alcaldesa, que vai presentarlle un prego de peticións ao presidente da Xunta, Manuel Fraga, na visita oficial deste á cidade de Vigo prevista para o próximo 8 de novembro.

Entre os proxectos previstos que requiren da implicación da Xunta no ano 2005, a alcaldesa adiantou os seguintes:

En Sanidade, a redacción dos proxectos constructivos de varios centros de saúde en San Roque, A Seara, entre Sampaio e Bouzas, en Carballa-Balaídos e no Calvario.

En Medio Ambiente, o Concello espera a financiamento dun 15% da nova depuradora por parte da Xunta. O outro 85% correspondería aos fondos de cohesión europeos, sempre e cando o ministerio de Medio Ambiente declare esta depuradora de interese xeral do Estado. A alcaldesa pediu á Xunta que solicite ao Ministerio de Medio Ambiente a declaración da depuradora como proxecto de interese xeral.

En Xustiza, o Concello pide a consignación de 150.000 euros ante a previsión da creación de catro novas salas dos xulgados e 380.000 euros para a mellora do mobiliario e equipamento informático dos xulgados de Vigo.

No que respecta a Política Territorial, a Xunta está pendente da cesión por parte do Concello do 10% dos terreos de San Paio de Navia para a construcción de 400 vivendas sociais, das que a metade estarán reservadas para a mocidade. A Xunta consignou o 50% para a posta en marcha destas vivendas, pero o Concello de Vigo pedirá que sexa o 100%. Tamén pedirá que a Consellería de Política Territorial inicie en 2005 a construcción das vivendas sociais no Calvario e As Roteas.

Corina Porro advertiu tamén que os proxectos de acondicionamento das rúas Pedro Alvarado, Manuel Álvarez e O Portillón, deben reflectirse nun novo convenio marco xa que as obras non foron executadas no seu momento por problemas na cesión dos terreos, extinguíndose o prazo de execución. Tamén destacou que é necesario un novo convenio nas zonas de Teis, Lavadores e no acceso ao Meixoeiro.

En Transporte Metropolitano, reclámase un millón de euros para Vigo do novo plan da consellería para o 2005.

En Pesca, solicita posta en funcionamento do Centro de Seguridade Alimentaria de Bouzas.

Respecto a Familia e Xuventude, o Concello quere que dos 13 millóns de euros destinados a axudas á vivenda e hipotecas xóvenes, a metade, é dicir, 6,5 millóns de euros, se queden na cidade. Tamén que a Xunta financie na ETEA un Centro de Deportes Náuticos, e que avance o vindeiro ano na redacción do proxecto para unha segunda gardería na cidade.
Descargar todas as imaxes