O Concello inaugura o I Seminario de Emprego para persoas con conductas aditivas, coa participación de tódalas entidades do Plan Local sobre Drogas
Coa finalidade de por en común experiencias e promover iniciativas nace o primeiro Seminario de Emprego para persoas con conductas aditivas, unha novedosa iniciativa con ánimo de perdurar.
O Concello de Vigo puxo en marcha o seu primeiro Seminario sobre Iniciativas de Emprego para persoas con conductas aditivas que contará coa participación de profesionais de tódalas entidades do Plan Local sobre Drogas, dos programas de emprego do Concello e dos servicios de orientación laboral.
Os obxectivos desta novedosa iniciativa son os de proporcionar información sobre os recursos de inserción laboral a través da exposición de experiencias propias, promover iniciativas de emprego para persoas con problemas aditivos a tratamento (empresas de inserción, centros especiais de emprego, autónomos...), e facilita-lo acceso á formación continua e especialización laboral.
O seminario, dunha xornada de duración, contou con tres charlas e un debate final, xa que a posta en común de experiencias e a valoración final, son as partes máis importantes da xuntanza. En primeiro lugar intervino Ignacio Javier Bedolla Batres, de Cáritas-Ourense, que falou sobre as experiencias dunha empresa de incorporación social. A continuación, Ana García Barrio e María Jesús Lago Vilaboa, do Proxecto Compás, proporcionaron toda a información e documentación necesaria para a creación de empresas de inserción. E , por último, Juan Antonio González Pérez deu a coñecer a labor do obradoiro de emprego para toxicómanos Érguete.
Descargar todas as imaxes