Escoitar

Xunta de Goberno Local

Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 25 de outubro de 2004, quince minutos despois do remate da sesión plenaria convocada para o mesmo día.

venres, 22 out 2004
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 25 DE OUTUBRO DE 2004.


1.- Actas das sesións ordinarias do 9, 23 e 30 de agosto de 2004.


ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentenza do TSXG no rec.apel. nº 199/2004 contra sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo, estimatoria de r.c.a. interposto por D. FRANCISO J. GUTIERREZ ORUE contra acordo plenario sobre orzamento do Concello de Vigo do ano 2002. Desestimado.

3.- Sentenza do Tribunal Supremo no rec.casac. nº 4289/1999 contra sentenza do TSXG estimatoria parcialmente de r.c.a. interposto por F.C.C. S.A. Y ESTACIONAMIENTOS Y SERVICIOS S.A. sobre aboamento de cantidades e restablecemento de equilibrio contractual na concesión da ORA. Non ha lugar ao recurso.


BENESTAR SOCIAL
4.- Proposta de concesión de axudas de emerxencia social para acondicionamento de vivendas. Expte. 10897/301.

5.- Prestación do Servizo de Centro de día para persoas maiores: alta expte. 05/52723/04.

6.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 14/30493/04, 13/30900/04, 14/21055/04 e 41/30631/04.

7.- Bases para a selección de persoal para o desenvolvemento da oficina de información e atención específica para inmigrantes e emigrantes retornados. Expte. 11050/301.


DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
8.- Dar conta da concesión de novas subvencións da Xunta de Galicia ao abeiro dos Programas de Cooperación Xunta de Galicia-Concello de Vigo para o ano 2004. Expte. 2249/77.

FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
9.- Proxecto de convenio de colaboración para a coorganización das VI Xornadas de Música e Danza tradicionais galegas. Expte. 1221/335.

MEDIO AMBIENTE
10.- Proposta para aprobación do modelo oficial dos carnés de e base de datos de licenzas e inscricións de animais considerados potencialmente perigosos. Expte. 2888/306.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
11.- Adxudicación a Autodesguaces Vigo da retirada de vehículos para chatarra que se atopan no depósito da avda. de Madrid. Expte.70168/210.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
12.- Revisión de prezos do contrato dos servizos públicos da rede semafórica da cidade. Expte. 17095/240.

13.- Adxudicación da prestación do servizo de expendedores de tiques para a regulación dos aparcamentos nas vías públicas municipais. Expte. 17066/240.

14.- Reclamación de D. Sergio Suarez Carreño por danos ocasionados no seu ciclomotor por unha focha no túnel de Martínez Garrido. Estimada. Expte. 14255/240.

15.- Devolución de fianzas:
a) Global S.Line S.L. Expte. 400/241.
b) Temperans & Animals S.L. Expte. 399/241.
c) Sercoysa Proyectos y Obras S.A. Expte. 394 ao 398/241.
d) Construcciones Crespo S.A. Expte. 297/241, 299/241 ao 300/241, 309/241 ao 312/241, 314/241 ao 321/241.

16.- Modificación do contrato do servizo de explotación da cafetería da Casa do Concello. Expte. 17105/240.

PERSOAL
17.- Cobertura do posto de "xefe do Servizo de Fiscalización" adscrito á Intervención Xeral municipal. Expte.14897/220.

18.- Proposta de nomeamento para provision polo procedemento de concurso se traslados, dun posto vacante de axudante técnico de electromecánicos e dun enxeñeiro técnico de obras públicas. Expte. 15076/220.


URBANISMO
19.- Aprobación inicial de cambio de sistema de compensación a concerto e de proxecto de equidistribución do Polígono entre as rúas San Xoan do Monte e Padre Celso. Expte. 4408/401.

20.- Aprobación inicial de proxecto de equidistribución da U.E. IV-07 Montecelo Alto. Expte. 4534/401.

21.- Recurso de reposición contra aprobación definitiva de Proxecto de expropiación por taxación conxunta para a ampliación da rúa Telleira en Castrelos. Desestimado. Expte. 173/413.

22.- Recurso de reposición contra aprobación definitiva do Proxecto de Compensación da U.E. I-01 Villa Laura. Inadmisión por extemporáneo.Expte. 4342/401.

23.- Proxecto de melloras de alumeado e barreiras de seguridade N-120, pk.662,0 ao 667,4, tramo: Vigo, provincia de Pontevedra". Expte. 961/400.


XESTIÓN MUNICIPAL
24.- Xustificantes de libramentos.

25.- Proposta de anulación de saldos pendentes de cobro do Presuposto de Ingresos (exercicios pechados) correspondentes a subvencións e liquidacións. Expte.9/2004.


XUVENTUDE
26.- Dar conta da relación de expedientes de gasto tramitados polo departamento de Xuventude durante o ano 2004. Expte. 1191/336.

27.- Rogos e preguntas.