O xerente de Urbanismo, Javier Rivas, fixa a aprobación definitiva do Plan Xeral para verán de 2005
O Plan Xeral de Urbanismo suporá a ordenación de 460 hectáreas de chan, suficientes para a construcción de 30.000 vivendas que satisfarían a demanda nos próximos 5 ou 6 anos.
O xerente de Urbanismo, Javier Rivas Barros, informou das datas fixadas para as sesións de traballo da Xerencia Municipal de Urbanismo nos próximos días. O luns 25 e o martes 26, a partir das 17 horas, haberá sendas reunións co punto único de aprobar as ordenacións detalladas encomendadas ao equipo redactor do PXOM. En total serán 35 ordenacións detalladas que se pecharán se contan coa aprobación dos voceiros.
O martes 2 de novembro, nunha longa xornada dende as 10,30 da mañá, trataranse os seguintes puntos:
1.- Informe do equipo redactor en relación co informe da CPTOPV ó PXOM.
2.- Outros informes sectoriais.
3.- Ordenacións detalladas elaboradas por particulares asinantes de propostas de convenios.
4.- Correccións incorporadas ao documento remitido a informe da CPTOPV.
O xerente de Urbanismo, Javier Rivas, aproximou a superficie urbanizable que suporían as 35 ordenacións detalladas a unhas 210 hectáreas, que sumadas ás 250 ha procedentes das 45 ordenacións incorporadas en virtude de convenios resultarían 460 hectáreas. Esta superficie de solo ordenado chegaría para a construcción dunhas 30.000 vivendas, das que 6.000 (o 20%) estarían sometidas a algún réxime de protección pública. Estas 30.000 vivendas constituirían unha oferta solvente de chan para un prazo de 4 a 6 anos.
Segundo Javier Rivas, o Plan Xeral de Urbanismo podería ter aprobación definitiva a finais do primeiro semestre de 2005.
Descargar todas as imaxes