A concellería de Mobilidade recomenda non circular polo centro de Vigo o domingo pola mañá
A Concellería de Mobilidade recomenda aos usuarios de vehículos non circular polo centro da cidade o domingo pola mañá. A celebración da Marcha Mundial das Mulleres e a Maratón de Coia provocarán que boa parte da zona centro da cidade, así coma o barrio de Coia, permanezan pechadas ao tráfico e recomendan utilizar itinerarios alternativos.
Con motivo da Marcha Mundial das Mulleres, a Policía Local pechará ao tráfico a Praza de España dende as 10:30 horas do domingo, 23 de maio. A marcha, que partirá ás 12:00 horas, obrigará a cortar de xeito progresivo a circulación por Gran Vía (tramo entre praza de España e a rúa Venezuela), a rúa Venezuela, a Avenida das Camelias e a Praza de América, onde se calcula que remate ás 14:00 horas.
Os vehículos que circulen pola Avenida de Madrid en sentido Vigo deberán utilizar o carril de servicio e desviarse pola estación de autobuses. Dende este punto, os que se dirixan a Samil deberán circular por Arquitecto Palacios e Alcalde Portanet; os que se dirixan a Teis, por Martínez Garrido e Gregorio Espino; e os que circulen por Gran Vía cara a Hispanidade praza de España, desviaranse por Ecuador, Venezuela, Camelias e Hispanidad.
Maratón de Coia
Por outra banda, o domingo 23 de abril celébrase o Maratón de Coia. Dende as 10:30 da mañá e durante aproximadamente dúas horas pecharanse ao tráfico as rúas Redondela, a avenida de Castelao ata a rúa Estrada e as Avenidas de Europa e de Samil. Os vehículos que se dirixan á praia de Samil e as mais preto de Vigo deberán circular pola Avenida de Beiramar e Atlántida, mentres que os que se dirixan ás praias da zona de Coruxo e Nigrán deberán circunvalar a cidade por Martínez Garrido, Gregorio Espino, Arquitecto Palacios, Castrelos e Alcalde Portanet.