Curso con compromiso de contratación do Proxecto Compás con Alcampo
O Proxecto Compás da Mancomunidade de Vigo asinou hoxe un convenio para a realización dun curso con compromiso de contratación con Alcampo II, da avenida de Madrid, para a formación de 30 mulleres do proxecto como "azafatas de caixa" de supermercado.
O curso empezará o día 24 de maio e durará ata o 13 de xuño con 90 horas lectivas, distribuídas en cinco horas diarias. As asistentes dividiranse en dous grupos de 15 persoas.
Tras o curso, un 60 por cen das persoas que o rematen satisfactoriamente serán contratadas por Alcampo. Estas contratacións terán unha duración mínima de 3 meses, ou tempo equivalente, e a formalización dos contratos de traballo realizarase dentro dos 3 meses seguintes á data de finalización da acción formativa.
Con este son xa 6 os cursos con compromiso de contratación levados a cabo no proxecto. Nos anteriores cursos participaron as empresas Friogarrida, Limpiezas Faro, Maderas Iglesias e Vegalsa, con dous cursos. Nestes cursos recibiron formación case 100 persoas, a maioría mulleres, e máis dun 60 por cen xa foron contratadas polas empresas.
O Proxecto Compás, que finalizará en xullo de 2004, enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través do deseño e do desenvolvemento de ferramentas e recursos concretos que melloren a ocupabilidade das persoas desempregadas da área metropolitana de Vigo.