O tráfico en Urzáiz será modificado a finais de mes se a meteoroloxía permite acabar as obras
A Concellería de Mobilidade e Seguridade modificará o tráfico na rúa Urzáiz, entre Vázquez Varela e Pizarro, na última semana de marzo, se as condicións climatolóxicas permiten terminar o asfaltado dese tramo.

O tráfico na rúa Urzáiz, entre Vázquez Varela e Pizarro, será modificado na última semana de marzo, se as condicións climatolóxicas permiten terminar para entón as obras de asfaltado necesarias nese tramo.
Segundo informou a Concellería de Mobilidade e Seguridade, despois desta modificación permitirase o xiro á esquerda, baixando por Urzáiz para acceder ao aparcadoiro de Fernando o Católico. Deste xeito responderase a vellas demandas dos veciños e comerciantes. Tamén se permitirá o cambio de sentido da marcha aos vehículos procedentes de Santo Domingo, Pino, Torrente Ballester, Esperanto e do tramo alto de Urzáiz.
Ademais, mantéñense dous carrís de subida máis anchos e establécese un só carril descendente, co que se pretende garantir a fluidez do tráfico en función da demanda en cada sentido de circulación.
Por último, e na liña de continuar potenciando o transporte colectivo, permitiráselles xirar á esquerda aos autobuses urbanos que suban Urzáiz e pretendan virar cara a Travesía de Vigo en Llorones.
Ata que se realicen as obras pendentes entre Gregorio Espino e Pizarro será posible aparcar en cordón en ambas as marxes, co que se satifai a demanda de aparcamento que hai na zona.
Descargar todas as imaxes