luns, 21 marzo 2005

Vigueses Distinguidos 2005

José María Teijeiro Rois, Manuel Robles González, Club de los Leones de Vigo, Javier de la Gándara Alonso, Escola Municipal de Danza e Percusión, Eduardo Fernández Davila, Raimundo Sendino Ortega, Colegio Niño Jesús de Praga, Asociación Benéfica Damas da Concepción, Manuel Parcero Rodríguez e Bieto Ledo Cabido, son as persoas e colectivos que este ano recibirán o galardón de vigueses distinguidos, segundo acordo en sesión extraordinaria e urxente a Xunta de Goberno Local celebrada o 21 de marzo, ás 13 horas.

A Xunta aproba o padrón do imposto sobre vehículos de tracción mecánica

luns, 21 mar 2005

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns o imposto sobre vehículos de tracción mecánica resultando un incremento de vehículos do 1,69 % ata un total de 155.038. A Xunta aprobou tamén os regulamentos de Participación Cidadá e do Festival Folclórico Internacional "Concello de Vigo", e anunciou a creación de tres novos campos de fútbol de herba artificial.