Alexandre Santorio abrirá a programación da Casa Galega da Cultura para 2005
A exposición "Espazos Transitorios", de Alexandre Santorio, abrirá mañá, día 22 de marzo, a programación da Casa Galega da Cultura para o presente ano 2005. Será este o inicio dunha serie de mostras de pintura, fotografía e escultura que traerán a Vigo a arte de diferentes artistas noveis.
Alexandre Santorio abrirá mañá martes 22 de marzo, ás 20:00, a programación da Casa Galega da Cultura para o presente ano 2005, coa exposición "Espazos Transitorios". A mostra invítanos a un percorrido polas imaxes que o propio territorio xera, para artellar un pensamento que abrangue o deseño, a gráfica, a fotografía e o vídeo, adoptando unha perspectiva artística de totalidade.
A intención do artista é facer un uso da paisaxe urbana como achado, dentro da representación aplicada á percepción e ao coñecemento do propio contorno. Para alcanzar este fin último, Santorio establece dentro do imaxinario urbano que todos posuímos un tránsito do cotián e da monotonía das cidades ao elemento de sorpresa e de evasión que ofrece a arte.
Alexandre Santorio acabou os seus estudos de Belas Artes en Pontevedra no 2003 na especialidade de Deseño e Audiovisuais. Entre os galardóns que recibiu figuran o Premio Novos Valores da Deputación de Pontevedra e o Premio Videojockeys da Comunidade Valenciana.
Despois da clausura da exposición "Espazos Transitorios", o 24 de abril, a programación da Casa Galega da Cultura continuará a partir do 4 de maio e ata o 5 de xuño cunha mostra de traballos dos alumnos de debuxo da Escola municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Acabada esta mostra, será a vez de Carmen Lage, profesora na Escola de Deseño de Vigo, con "Síntesis Monocroma", unha exposición que nos achegará os seus traballos en pintura e fotografía dixital, do 15 de xuño ao 17 de xullo.
Do 27 de xullo ao 4 de setembro, "Sensación IN-EXTERNA", da licenciada en Belas Artes pola Universidade de Pontevedra Nuria Rivas Míguez, ofrecerá un conxunto de traballos nos que se emprega unha técnica mixta sobre diferentes soportes, como o lenzo e o papel.
María Teresa Prieto González, artista autodidactica, exporá os seus óleos de temática mitolóxica do 14 de setembro ao 16 de outubro. Do 26 de outubro ao 27 de novembro será Carmen Arenas Villarroel, profesora no Instituto se Santo Tomé de Freixeiro, a que leve a súa obra pictórica á Casa Galega da Cultura.
A programación da Casa Galega da Cultura para o ano 2005 acabará en decembro cunha exposición organizada polo departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, na que se presentarán traballos de pintura e escultura feitos por persoas con algún tipo de discapacidade procedentes de sete centros ocupacionais de Vigo. Esta última exposición contará ademais coas obras de artistas recoñecidos.
Descargar todas as imaxes