Escoitar

Presentouse o programa de achegamento á vela "Unha regata nun día"

Esta iniciativa da Estación Náutica de O Vao coa colaboración de Turismo de Vigo pretende fomentar a práctica dos deportes náuticos en máis de 2.500 escolares ata o verán. A idea é ofrecer a formación teórica e a disputa da competición na mesma xornada.

venres, 18 mar 2005
1111154994resentacin2.jpg
A Concelleira de Turismo, Lucía Molares, presentou hoxe diante dos medios de comunicación o programa gratuíto de fomento da práctica da vela "Unha regata nun día". Á presentación asistiron tamén o presidente da Federación Galega de Vela e vicepresidente da Federación Española, José Ángel Rodríguez, o responsable da estación náutica, Ramón Carnero, e Laura Bouzas e José Manuel Blanco representando a Coca Cola e o Corte Inglés respectivamente.

A concellería proponse con esta iniciativa ensinar a navegar gratuitamente a todos os escolares da cidade de entre 12 e 14 anos. As clases impartiranse na Estación Náutica que o Concello ten en funcionamento na praia. do Vao. Aproveitando o impacto local que terá a celebración da saída da Regata Volvo Ocean Race, Turismo de Vigo quere popularizar a práctica de deportes náuticos, invitando a toda a comunidade escolar viguesa a practicar a vela de forma gratuíta. Durante todos os días da semana, os colexios vigueses poderán participar nesta iniciativa, levando aos escolares a pasar un día enteiro no mar.

Segundo declaracións da Concelleira de Turismo, Lucía Molares "coa posta en marcha do programa de balde para escolares "queremos ir un paso máis aló no fomento e promoción dos deportes náuticos. Na Estación Náutica non só iniciamos na práctica dos deportes acuáticos, senón que queremos inculcar nos máis xóvenes a cultura de aproveitamento do mar, un dos principais sinais de identidade dos vigueses".

Segundo José Ángel Rodríguez, o programa "Una regata nun día" distanciase do típico cursillo conseguindo, co estímulo da competición, involucrar mais aos nenos, que deberán poñer a proba uns coñecementos adquiridos no mesmo tempo.

Os escolares chegarán á Estación Náutica a primeira hora da mañá onde recibirán unha clase teórica cos coñecementos básicos de manexo da embarcación Hobie Cat, así como o regulamento da regata que disputarán pola tarde. Despois de practicar durante toda a mañá no mar, os escolares disputarán unha regata por equipos.

O obxectivo deste programa é que ao rematar esta primeira etapa ata o verán, máis de 2.500 escolares teñan aprendido a navegar e gocen dunha experiencia novidosa.


Para formalizar a inscrición, os interesados poderán recoller o seu
folleto de inscrición nas oficinas de Turismo ou poñerse en contacto coa estación Náutica no teléfono: 986446060. Despois de Semana Santa, os responsables do programa visitarán os centros escolares co obxecto de explicar esta iniciativa de Turismo de Vigo invitando ós alumnos a participar nesta experiencia.
1111154994resentacin2.jpg
1111155023resentacion1.jpg
Descargar todas as imaxes