Carlos Rodríguez Méndez presenta o seu traballo no Marco
Nesta primeira exposición do artista en Galicia dará a coñecer dous tipos de traballos: as series e as esculturas. Ás 13 horas terá lugar a rolda de prensa de presentación.

O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Marco) presenta mañá venres no Espacio Anexo do MARCO a que será a primeira exposición en Galicia de Carlos Rodríguez-Méndez (As Neves, Pontevedra, 1968). Para esta exposición creou dous tipos de obras: por unha banda as súas esculturas Columnas (2004) e Canal XIV (2004-2005), e pola outra as series Construír procesos (2003-2005) e Traballos de fóra (2004-2005), mostradas en DVD.
Ás 13,00 horas, no Salón de Actos do MARCO, terá lugar a rolda de prensa de presentación desta exposición, na que participarán a Delegada Provincial da Consellería Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, Rosanna López Salgueiro, e o concelleiro Ignacio Javier López-Chaves entre outros. A continuación da rolda de prensa farase unha visita guiada pola exposición.