mércores, 16 marzo 2005

Vinteoito penados realizaron traballos en beneficio da comunidade nos servizos do Concello

mércores, 16 mar 2005

O Concello de Vigo está adherido ao convenio de colaboración entre o Ministerio de Interior e a Federación Española de Municipios e Provincias para a xestión do cumprimento das penas de traballo en beneficio da comunidade. Desde a sinatura deste convenio por parte do Concello, 28 persoas saldaron nos seus servizos as súas débedas coa sociedade.

Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 16 mar 2005

O Consello da Xerencia de Urbanismo reúnese para tratar entre outros a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.A. Montecelo Alto, o recoñecemento do dereito de reversión de terreos en Baixada a Ríos-Teis e o nomeamento de tres auxiliares administrativos.