Continúan as obras de mellora nas instalacións da depuradora do Lagares
Dentro das obras que se están a executar na Estación Depuradora de Augas Residuais do Lagares, se está a elaborar un estudio intensivo de todos os elementos. Dentro dese estudio detectouse algún fallo no dixestor que estaba en funcionamento, e que é o responsable dos cheiros que se xeraron estes días.
Por este motivo, técnicos da Concellería de Medio Ambiente, de Augas de Galicia, aqualia, Ingeniería ATC –os auditores das depuradoras da Xunta- e da empresa ABS –fabricante do dixestor-, mantiveron hoxe unha reunión no Concello na que se tomaron as medidas oportunas que permitan solucionar os problemas de cheiros nos vindeiros días.
O venres, o Concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa, visitará as instalacións da depuradora acompañado dos veciños e de técnicos do Concello e de aqualia.
A Consellería de Medio Ambiente iniciou a principios do mes de agosto de 2004 as obras de desodorización, nave de transferencia e pozo de lamas dixeridas na Estación Depuradora de Augas Residuais do Lagares. A Consellería, a través do organismo autónomo Augas de Galicia, financia na súa totalidade as actuacións previstas cun investimento de 2.199.228 euros. O prazo de execución das obras, que están próximas ao seu remate, é de 9 meses.