Escoitar

O equipo Aulatalía impúxose na primeira LIXA<br /> <br />

Aulatalía, equipo formado por alumnos do instituto Álvaro Cunqueiro quedou gañador da primeira Liga de Improvisación de Xóvenes Afeccionados ao impoñerse na final do pasado sábado ao equipo Traquers, formado por mozos do CRAC de Coruxo.

martes, 15 mar 2005
1110894566lixa1.jpg
O pasado sábado rematou a 1ª Liga de Improvisación de Xóvenes Afeccionados posta en marcha pola Concellería de Xuventude a través do programa "Súbete ó Castro", coa disputa do combate final que decidiu o equipo gañador: Aulatalía, integrado por alumnos/as do instituto Alvaro Cunqueiro, sendo os outros finalistas mozos/as do C.R.A.C. de Coruxo que constituían o equipo Traquers.

Na liga regular na que particparon máis de 90 mozos/as integrando diversos equipos que participaron nos seus institutos, asociacións veciñais, escola municipal de teatro, etc. e que tivo unha asistencia de público dunhas 700 persoas, chegouse a esta final na que tódolos participantes acudiron a ver como se decidia sobre o "ring" do Auditorio
do Concello os gañadores según o gusto do público asistente, máis de 200 persoas, que tiveron que unha dificil decisión. Na final chegouse a derradeira improvisación cun empate, e cunha votación do público moi axustada decidiu que o equipo gañador era Aulatalía.

Esta primeira experiencia coa liga de improvisación amosou o interese dos/as mozos/as da cidade polo teatro e deixaron ver o seu gran talento nunha actividade moi dificil como é o campo da improvisación, na que se expresaron na súa linguaxe e manifestaron a súa pasión polo teatro. O programa "Súbete ao Castro" ten unha liña de actividades encamiñada a seguir promocionando o teatro e actividades vencelladas coas artes escénicas: Castroescena, na que se fan cursos específicos, dase información e sobre todo recollense as propostas dos/as máis novos neste campo.
1110894566lixa1.jpg
1110894607lixa2.jpg
Descargar todas as imaxes