Un réquiem no ciclo de música sacra
Dúas formacións viguesas, a Sinfonieta e o coro "Camerata ad Libitum" xuntarán na escena a setenta e cinco persoas para interpretar o Réquiem de Fauré, nun concerto que oferecerán o martes, día 15, dentro do ciclo de música sacra que organiza o departamento de Cultura. A actuación terá lugar na igrexa de María Auxiliadora a partir das 20.45 horas
A Orquestra Sinfonieta de Vigo parte dunha iniciativa de varios profesores do Conservatorio Superior de Música, que no 2001 decidiron dotar á cidade, e a toda Galicia, dunha orquesta que lle dese saída á gran potencialidade que posúen Vigo e a súa comarca, tanto en cantidade coma en calidade musical.
A orquestra consolidouse definitivamente na temporada pasada na que ofeceu numerosos concertos e recolleu excelentes críticas, como as que se referiron, por exemplo, á zarzuela "La Corte de Faraón", xunto coa Compañía Clásica de Zarzuela. Na actualidade, conta cun cadro de excelente nivel, formado case íntegramente por profesores do Conservatorio de Vigo e por algúns dos alumnos máis sobranceiros do centro, amais doutros profesionais de recoñecido prestixio.
O director Joam Trillo, fundou, en 1978, Orquesta de Santiago e, en 1981, recibe o Premio da Crítica galega polo seu labor musical. En 1987, por iniciativa da Xunta de Galicia, crea a Xoven Orquestra de Galicia, da que é nomeado director. Á fronte da Orquesta de Santiago, da Xoven Orquestra de Galicia e, posteriormente, da Orquestra da Comunidade Autónoma de Galicia, realiza arredor de 50 concertos anuais, aos que cómpre engadirlles numerosas gravacións para a radio e para a difusión en disco compacto. Ademais, as súas actuacións á fronte de distintas orquestras e as súas actividades docentes espállanse por numerosos países de Europa e máis de Iberoamérica.
Pola súa banda, a "Camerata ad Libitum" ofrece o seu primeiro concerto no ano 1990 desenvolvendo, dende entón, unha intensa actividade baixo a dirección de Julio Domínguez e doutros directores invitados.
A formación consta de 32 voces mixtas procedentes de distintas localidades da provincia de Pontevedra, e o repertorio que realizan, básicamente, é a capella con obras de todas as épocas e estilos, especialmente, compositores contemporáneos.
Réquiem de Faure
O "Réquiem de Gabriel Fauré", é unha peza singular, considerada como unha das composicións luctuosas máis fermosas da historia da música, foi escrita polo autor trala morte dos seus pais,acontecida cun ano de diferencia entre ambos, e estrenouse en París no ano 1893, na igrexa de La Madeleine, onde Fauré fora organista durante boa parte da súa vida. Curiosamente, ainda que o estreo motivouno o falecemento dun amigo,a inspiración foi de orixe filial.