Un estudo do departamento de Mobilidade valora a velocidade do tráfico en Vigo
O concelleiro Antonio Coello e o xefe de departamento Juan Comesaña valoraron os resultados do chamado "Equipo Móvil de adquisición de datos". Este estudo calcula a velocidade media do tráfico en Vigo que, segundo Comesaña pode calificarse de moi boa.
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, e o técnico xefe deste departamento, Juan Comesaña, fixeron unha valoración do chamado "Equipo Móvil de adquisición de datos" aproveitando a rolda de prensa de presentación de dous novas liñas de Vitrasa. Este sistema, que leva funcionando dende maio de 2004, ten como finalidade a adquisición de datos en tempos e distancias sobre percorridos realizados con un móbil ao que se conecta un dispositivo.
El estudio mide diferentes variables nos itinerarios mais representativos e habituais da cidade de Vigo. Estas variables son:
- Velocidade de percorrido: É a velocidade media rexistrada no itinerario, é dicir, o espazo total dividido polo tempo empregado en realizalo.
- Velocidade de Circulación: A velocidade media rexistrada no itinerario durante o tempo no que o vehículo estivo detido.
- Tempo parado por percorrido: Tempo medio por percorrido durante o cal o vehículo permanece parado.
O cociente entre a velocidade de percorrido e a velocidade de circulación establécese o "Parámetro de calidade da circulación". Canto mais se aproxime o parámetro á unidade mellor será a calidade de circulación, xa que indicará que entre a velocidade do percorrido e a velocidade de circulación a penas existe diferencia.
A velocidade media de percorrido obtida ao longo de 2004 nos itinerarios clasificados como zona centro é de 17,74 km/h, o que supón un aumento de 2,74 respecto ao primeiro estudo realizado en 1998 en 6 itinerarios do centro de Vigo. Segundo Juan Comesaña esta velocidade pode calificarse de "boísima".