Escoitar

O Concello distribuirá o catálogo de arte "Eu non son cómplice" contra a violencia de xénero

A Concellería da Muller, en colaboración coa Facultade de Belas Artes e a Asociación de Comerciantes do Casco Vello, vai distribuír entre diversos colectivos da cidade 500 exemplares do catálogo artístico "Non sexas cómplice", como parte da campaña do mesmo nome contra a violencia de xénero.

xoves, 10 mar 2005
1110463172complice.jpg
"A arte é unha transformadora do mundo e de acordo con isto o artista ten un papel social". Esta é a ensinanza que Yolanda Herranz propuxo aos seus alumnos de Escultura na Faculdade de Belas Artes como punto de partida para os traballos recollidos no catálogo "Eu non son cómplice", presentado hoxe xoves no Concello.

Cincocentos exemplares deste catálogo serán distribuídos pola Concellería da Muller e a propia Facultade, coa colaboración da Asociación de Comerciantes do Casco Vello, entre diversos colectivos de mulleres da cidade, como parte da campaña "Eu non son cómplice" contra a violencia de xénero.

O catálogo mostra traballos de 12 alumnos da Faculdade de Belas Artes nos que se denuncia a través de diversos códigos artísticos os malos tratos físicos e psicolóxicos que en Españan desembocan en decenas de mortes por ano. O catálogo complétase con varios textos en galego, castelán e inglés cos que se pretende concienciar o lector sobre esta situación.

A concelleira da Muller, Lucía Molares, animou os artistas novos, "como mozos que sodes", a seguir sendo "peroas solidarias que rechazan esta forma de violencia". Lucía Molares afirmou que a arte é un bo medio para isto, e sinalou que "non queriamos deixar de facer algo esta semana dentro da campaña "Eu non son cómplice", en relación ás celebracións que acompañan nestas datas ao Día Internacional da Muller Traballadora.
Descargar todas as imaxes