Escoitar

Urbanismo insta á sistematización das parcelas residenciais unifamiliares

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo tomou, entre outras medidas, a decisión de instar a súa Presidencia a dar as instruccións oportunas para sistematizar as parcelas do Patrimonio Municipal do Solo con uso residencial e tipoloxía de vivenda unifamiliar illada e/ou acaroada.

xoves, 10 mar 2005
1110460558xerencia1003.jpeg
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, na reunión celebrada hoxe xoves, instou a súa Presidencia a dar as instruccións oportunas para sistematizar as parcelas do Patrimonio Municipal do Solo con uso residencial e tipoloxía de vivenda unifamiliar illada ou/e acaroada. O obxectivo deste acordo é atender posibles indemnizacións ou expropiacións derivadas da execución de infraestructuras, así como permitir o realoxo en semellantes condicións dos cidadáns afectados.

Outra decisión adoptada polo Consello é a de desestimar o recurso de reposición interposto por José Varela Fernández contra o acordo do propio Consello polo que se declararon como realizadas sen licenza e incompatibles coa ordenación urbanística vixente as obras executadas na Estrada do Vao nº 149. Estas obras, consistentes na derruba dunha antiga edificación e na construcción dunha nova no mesmo lugar, deberán ser derrubadas de maneira voluntaria por parte do citado José Varela.

Por outra banda, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo decidiu proporlle á Xunta de Goberno Local a adopción dunha resolución pola que se remite á Xunta de Compensación as reclamacións presentadas por José Luis Rocha Portela pola execución de obras de urbanización realizadas pola Xunta de Compensación do Pombal. Segundo esta resolución, non se admite o recurso interposto ao acordo de aprobación definitiva do proxecto de urbanización do plan parcial "O Pombal".

Ademais, o Consello proponlle á Xunta de Goberno Local desestimar unha reclamación de indemnización pola anulación xudicial da licenza de legalización da edificación sita no número 4 da Primeira Travesía de Marqués de Alcedo. Paulino Pampillón Pérez reclamara no seu nome e no da entidade mercantil "Construcciones y Proyectos Construproyec SL" unha indemnización de 617.446,37 euros.
Descargar todas as imaxes