venres, 11 marzo 2005

O Concello e Vitrasa reforzan o servizo de autobús urbano con dúas novas liñas

venres, 11 mar 2005

Dúas novas liñas de Vitrasa entrarán en servizo o vindeiro 29 de marzo para substituír a actual C16. Ademais, a liña ata a Estación de Autobuses ampliarase e a Circular 2ª e a C9B serán modificadas. Outra das remodelacións afectará ao autobús nocturno, que pasará a circular con dúas liñas entre Samil e o centro cunha frecuencia de trinta minutos.

Comezo do ciclo de Música Sacra

venres, 11 mar 2005

A primeira actuación da quinta edición do Ciclo de Música Sacra, que terá lugar o luns 14 de marzo, correrá a cargo da soprano galega Carmen Gurriarán, quen acompañada polo Quinteto da Sinfónica de RTVE interpretará a Frank Martín e a Luigi Boccherini na conmemoración do aniversario do seu pasamento.O ciclo de música sacra está organizado polo departamento de cultura e os concertos teñen lugar ás 20.45 horas na igrexa de María Auxiliadora.<br />