Escoitar

Atención Cidadá presenta o seu Plan de formación anual

A nova responsable do área de Participación Cidadá, a concelleira Marta Iglesias, presentou o Plan de Formación Cidadá, que está vinculado á iniciciación e ensinanza das novas tecnoloxías, principalmente en áreas rurais onde o acceso a elas é mais complicado.

venres, 11 mar 2005
1110545806nueva.JPG
"Unha das necesidades básicas da cidadanía é o acceso fácil ás novas tecnoloxías da comunicación, e unha forma de facilitar o acceso é coñecer o seu funcionamento", comentou a nova concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, na presentación en rolda de prensa do Plan de Formación anual do departamento.

Tódolos veciños e veciñas precisan dunha nova formación e dun xeito importante aqueles colectivos máis desfavorecidos, pola súa situación dentro da cidade (rural), como pola escasa oferta de formación existente. Na actualidade esta deficiente formación non só notase con máis forza nas parroquias do rural, senón a tódolos niveis da sociedade. Nesta situación a Administración local ten unha oportunidade para imaxinarse a sociedade do futuro e, crear un entorno de coñecemento das novas tecnoloxías que permita a cidadanía o acceso á información a través de internet.

A Concellería de Participación Cidadá ven a facer unha forte aposta polas novas tecnoloxías e o uso intensivo de internet como acceso a información coa creación do portal da concellería (www.cidadansvigo.org), no que se atopan integrados os portais de asociacións con información para as asociacións, o portal cidadán con información xeral de interese cidadá como información de trámites municipais, ofertas de emprego, avisos a móbiles, queixas, etc, o portal do voluntariado, a guía cidadá, etc.

Esta aposta polas novas tecnoloxías non tería sentido se os vigueses e viguesas non coñecen o seu funcionamento e posibilidades, coa finalidade de axudar o seu coñecemento desde Participación Cidadá vanse a celebrar os seguintes cursos:

- "Internet para Todos".
En colaboración co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía que cedeu o uso de 20 ordenadores persoais e o software de formación interactiva vai a impartir 12 cursos, nos centos cívicos de Casco Vello, Coruxo e Teis. Os cursos terán unha duración de dúas horas e media diarias para un total de quince horas e comezarán o 12 de abril e finalizaran o 3 de xuño.

- Software gratuíto "Open Office".
O Concello de Vigo é un dos primeiros concellos en ofrecer formación nesta "suite ofimática" que está composta por un tratamento de textos, folla de cálculo e presentacións, totalmente gratuíta e compatible con Windows e a Office de Microsoft, e que supón un importante aforro cara os cidadáns e as asociacións.
Os cursos terán unha duración de 30 horas e celebraranse 6 cursos nos centros cívicos, e se entregará un CD coa aplicación para a súa instalación e manuais do curso.

- Deseño de páxinas web.
Estes cursos de 30 horas de duración celebraranse no centro cívico do Casco Vello e un deles reservarase as directivas das asociacións coa finalidade de que potencien e deseñen as páxinas web das propias asociacións e potencien o coñecemento e participación da cidadanía nas asociacións.
Descargar todas as imaxes