Comeza o programa formativo da Casa do Cesteiro
A Casa do Cesteiro comeza o martes o programa formativo para este primeiro semestre do ano 2005 con 48 prazas ofertadas completas.

O programa consiste na realización de cursos sobre técnicas de artesanía tradicional galega que van dirixidos a todo tipo de público; os cursos sobre nocións elementais están orientados a aquelas persoas relacionadas ou non coa cestería e que busquen unha aproximación as técnicas e pezas da cestería tradicional, mentres que os cursos de principios básicos e especialidades están destinados a persoas desempregadas con idades de entre os 18 e 45 anos que teñan interés en formarse nun oficio artesanal para desenvolverse profesionalmente nel.
Descargar todas as imaxes