A Casa da Xuventude ofrece un curso de creación e xestión de asociacións
A Casa da Xuventude acollerá entre o 30 de marzo e o 7 de abril un curso de Constitución e Xestión Básica de Asociacións. O curso, de 10 horas de duración, diríxese ás persoas interesadas no asociacionismo e aos responsables e directivos de asociacións xuvenís xa existentes. Todos eles poderán inscribirse, de maneira gratuíta, ata o 18 de marzo.
A Casa da Xuventude do Concello de Vigo (López Mora, 31) achega dentro da súa oferta un curso de Constitución e Xestión Básica de Asociacións, que ten por obxectivos promover a creación de asociacións, informar sobre o funcionamento interno destas e dar a coñecer os cambios normativos relacionados co sector non lucrativo.
O curso, que se desenvolverá do 30 de marzo ao 7 de abril, diríxese a todas as persoas interesadas no asociacionismo e aos responsables e directivos de asociacións xuvenís xa existentes.
A duración deste curso é de 10 horas, distribuídas en dous módulos. Así, o módulo "Constitución de Asociacións" ten catro horas e celebrarase nos días 30 e 31 de marzo. O segundo módulo, "Xestión Básica", terá lugar os días 5, 6 e 7 de abril, cunha duración de seis horas. O horario do curso é de 19:00 a 21:00.
Dentro do módulo "Constitución de Asociacións" trataranse diversos aspectos, como o paso do grupo á asociación, o proceso de creación, os tipos e as finalidades das asociacións e a normativa relacionada co asociacionismo, de cara a facilitar os trámites de constitución de asociacións.
O módulo "Xestión Básica" versará sobre as diferentes clases de recursos dos que pode dispor unha asociación. Deste modo, dentro do apartado de recursos humanos abordarase o papel dos voluntarios e dos contratados. Tamén se falará dos recursos económicos, avaliándose as posibilidades da financiación interna e de obtención de subvencións. Por último, trataranse os aspectos de organización, planificación e comunicación como parte dos recursos metodolóxicos.
A inscrición neste curso de Constitución e Xestión Básica de Asociacións é totalmente gratuíta e pode realizarse ata o 18 de marzo. Pode solicitarse máis información no 986 29 48 06 ou a través do correo electrónico xuventude@vigo.org.