A urbanización de Viñagrande poderá estar finalizada en próximas datas
O concelleiro José Manuel Figueroa e o xerente de Urbanismo, Francisco Javier Rivas, manifestaron na Xerencia de Urbanismo a intención do Goberno de facer executar canto antes esta obra ante a pregunta do nacionalista Xavier Toba.
O Consello da Xerencia de Urbanismo manifestouse hoxe en sesión ordinaria a prol por unanimidade da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.A. Montecelo Alto. A Xerencia transcurriu sen incidentes ata chegar ao punto do nomeamento de tres auxiliares administrativos, que contou coa abstención do Partido Galeguista de Soto.
Fóra da orde do día, Manuel Soto recomendou a procura dunha asesoría externa para facer unha revisión de oficio no edificio previsto en A Laxe dado que segue a dubidar da legalidade das licencias e comentou que, en todo caso e segundo a súa opinión, o Goberno non fixo suficiente presión a Zona Franca para impedir a edificación.
Corina Porro rebateulle ao concelleiro do PG os seus argumentos afirmando que o Goberno puxo sobre a mesa todo o que tiña que poñer no senso de exercer presión e que o informe do secretario conta con todas as bendicións e que por iso non teñen que buscar asesorías externas de ningún tipo.
Pola súa parte, o concelleiro do BNG Xabier Toba Girón preguntoulle ao xerente pola urbanización de Viñagrande aínda sen completar e suxeriu a conveniencia de instar á xunta de compensación a executar inmediatamente esa obra ou facer que se execute subsidiariamente. O xerente de Urbanismo, Francisco Javier Rivas Barros, alegou a complexidade dalgunha das expropiacións desta obra, pero asegurou que o seu remate farase efectivo nas próximas datas.
Descargar todas as imaxes