Escoitar

Lucía Molares fixo entrega dos diplomas do Programa de Formación de Empresas con compromiso de contratación

A concelleira entregou os diplomas xunto cos responsables das empresas colaboradoras e que desenvolveron as accións formativas: Alcampo e Vegonsa. A porcentaxe de contratación entre as dúas foi do 80%.

xoves, 17 mar 2005
1111068361diplomas1.JPG
A concelleira de Promoción Económica e Desenvolvemento Local e Emprego, Lucía Molares Pérez, presidiu hoxe xoves, no Centro municipal de formación de novas tecnoloxías da información e comunicación (CITIC), o acto de entrega de diplomas do Programa de formación con compromiso de contratación, no marco do Plan municipal de emprego 2004-2007, da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, ao que asistiron os representantes das empresas que desenvolveron as accións formativas no seu propio ámbito productivo: Alcampo S.A. e Vegonsa Agrupación Alimentaria, S.A. Con estas dúas empresas asinouse un convenio de colaboración para a realización dun curso de Caixeira de gran superficie, cunha duración de 125 horas, e un de Dependente/a polivalente da distribución alimentaria, de 240 horas, respectivamente.

Lucía Molares manifestouse moi satisfeita pola superación do mínimo que se recollía no
convenio de colaboración asinado entre o Concello de Vigo e estas empresas de contratar como mínimo ao 50% das persoas que remataran con éxito o proceso formativo. Entre as dúas entidades contrataron 29 mulleres das 36 que participaron no programa, o que equivale a un 80% de contratación.

A concelleira, como responsable do departamento de Muller, quixo aproveitar tamén o acto para felicitar ás mulleres que superaron o curso por acadar un posto de traballo e recordou os esforzos deste área por involucrar ás femias en todos os ámbitos da sociedade, labor para a que se empeza pola inserción laboral.
1111068361diplomas1.JPG
1111068385diploma2.JPG
Descargar todas as imaxes