Escoitar

Empresa e traballadores da ORA reuniranse o luns co xefe da inspección de traballo

O Goberno local espera un planteamiento de moderación e boa vontade para que a negociación vaia polos mellores cauces.

venres, 18 mar 2005
Os responsables da empresa concesionaria do servizo da ORA e os traballadores aceptaron a mediación da administración autonómica –a través do Consello Galego de Relacións Laborais- no conflicto e reuniranse o vindeiro luns, ás 16:30 horas co xefe da Inspección de Traballo e Seguridade Social, José María Casas de Ron.

O Goberno local espera un planteamiento de moderación e de boa vontade para que a negociación se inicie coas mellores expectativas e se chegue a un acordo no conflicto.