Ignacio López-Chaves prosegue as súas visitas aos centros de ensino públicos
O concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves, continuou coas súas visitas aos centros de ensino públicos. López-Chaves estivo na Escola Infantil de Saiáns, no CEIP A Doblada e no CEIP García Barbón, para coñecer persoalmente o estado das súas instalacións.
O concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe venres a Escola Infantil de Saiáns e os Centros de Educación Infantil e Primaria A Doblada e García Barbón. Con estas visitas, López-Chaves continúa o seu percorrido polos colexios públicos de Vigo, a través do cal pretende coñecer o estado das súas instalacións. O concelleiro ten a intención de visitar cada semana, sempre que a súa axenda o permita, todos os centros de ensino da cidade.
O colexio García Barbón é o centro de estudo duns 450 alumnos pertencentes ao 2º ciclo de educación infantil (de 3 a 6 anos) e educación primaria (de 6 a 12 anos). O colexio, que ofrece unha educación individualizada, dispón de comedor, biblioteca, salón de actos, laboratorios e instalacións deportivas.
Ademais, conta con aulas de educación especial, audición e linguaxe, música, psicomotricidade e un departamento de orientación, así como cun patio cuberto e outro ao aire libre, unha zona axardinada e campos de deporte ao aire libre. As ANPAS organizan no centro unha gran variedade de actividades conmemorativas e extraescolares: tenis, patinaxe, balonmán, pintura e teatro, entre outras.
Desde o ano pasado, o centro recibiu diversas axudas do Concello para acometer algunhas reformas necesarias, como o novo baño dos patios, a división de dúas aulas e unha porta para saír pola parte traseira.
Durante a súa visita ao CEIP García Barbón, Ignacio López-Chaves foi guiado pola directora do colexio, María Jesús González, que lle mostrou as diversas instalacións indicándolle as necesidades do centro. Segundo lle explicou a directora ao concelleiro, o colexio necesita un comedor novo, que se cambien os falsos teitos dalgunhas dependencias e acondicionar o ximnasio e os baños. Ignacio López-Chaves asegurou que o Concello atenderá estas necesidades dentro dos límites marcados polos orzamentos municipais.
Descargar todas as imaxes