Escoitar

A Xunta aproba o padrón do imposto sobre vehículos de tracción mecánica

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns o imposto sobre vehículos de tracción mecánica resultando un incremento de vehículos do 1,69 % ata un total de 155.038. A Xunta aprobou tamén os regulamentos de Participación Cidadá e do Festival Folclórico Internacional "Concello de Vigo", e anunciou a creación de tres novos campos de fútbol de herba artificial.

luns, 21 mar 2005
1111414628chema1.JPG
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o padrón do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2005. A diferencia neta de vehículos entre 2004 e o ano 2005 ascende a 3.816 vehículos (2,52% de incremento). Resulta significativa a comparación por tipo de vehículos: descenden un 0,79 % os vehículos de menos de 8 CF e increméntanse un 5,83 % os vehículos de 12 a 16 CF, un 5,96 % os de 16 a 20 CF e un 15,02 % os de máis de 20 CF, debido a que os novos vehículos dados de alta son de maior potencia. O incremento en termos de cota total entre 2004 e 2005 ascende a 574.005,71 euros, un 4,97 % respecto do importe do padrón de 2004. En total recadáronse 12.131.499,22 euros. Esta diferencia é imputable ao incremento das tarifas (2,7 %) e ao restante 1,24 % ao incremento do número de vehículos e á súa maior potencia fiscal. A cifra neta de vehículos incrementouse un 1,69 % ata un total 155.038 vehículos.

Dentro do área de Asesoría Xurídica o Concello de Vigo ten pendente de cobro unha débeda de 8.438.822 euros en concepto do pago do IBI que deberán facer fronte a Autoridade Portuaria e/ou o Ministerio de Fomento. O desglose desta débeda é o seguinte:

Ministerio de Fomento (IBI A. Portuaria 2000 a 2004) 3.562.354 euros
Ministerio de Fomento (outros IBIs 201 a 2004) 785.695 euros
Autoridade Portuaria de Vigo (IBI 1996 a 1999) 2.293.635 euros
Xunta do Porto e ría de Vigo (IBI 1990 a 1995) 1.797.138 euros

Dentro do área de Deportes a Xunta aprobou a solicitude de ampliación do IV Convenio de cooperación entre a Xuntan e a Deputación sobre instalacións deportivas para a construcción de tres campos de fútbol de herba artificial en Navia, Barreiros e Castrelos. O Concellos porá a disposición da Xunta os terreos precisos para a construcción dos campos en Navia e Barreiros, así como para a mellora do campo de fútbol municipal do Monte da Mina-Castrelos. Esta actuación terá un investimento de 2.195.000 euros dos que 95.000 euros serán aportados polo Concello.

A Xunta aprobou as bases do Festival Folclórico Internacional "Concello de Vigo" que, dentro das festas do Cristo da Victoria, pretende fomentar, promocionar e achegar o folclore aos veciños do termo municipal e que cumpre este ano a súa décima edición. A organización do festival correrá a cargo da Asociación Folclórica Interfolc, coa que se asinará un convenio de colaboración por un importe de 66.000 euros para cubrir todos os gastos derivados dos seu desenvolvemento.

Correspondente ao departamento de Patrimonio e Contratación a Xunta de Goberno aprobou o inicio do expediente de solicitude á Universidade de Vigo para a reversión do edificio municipal, antiga comandancia militar, sito na rúa Areal 52 para o uso municipal. O concelleiro José Manuel Figueroa explicou que as negociacións co vicerrectorado están moi avanzadas e que se espera chegar a un acordo durante o mes de abril. As cantidades que se manexan nas negociacións son duns 3 millóns de euros.

En materia de Patrimonio Histórico e Participación Cidadá, a Xunta acordou un importe de 5 euros para a venda ao público do DVD "Cestos do Mar de Vigo", así como fixou o regulamento orgánico de Participación Cidadá respectivamente. A Xunta aprobou finalmente o prego de condicións do servizo público de inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos indebidamente estacionados na vía.
Descargar todas as imaxes