Vigueses Distinguidos 2005
José María Teijeiro Rois, Manuel Robles González, Club de los Leones de Vigo, Javier de la Gándara Alonso, Escola Municipal de Danza e Percusión, Eduardo Fernández Davila, Raimundo Sendino Ortega, Colegio Niño Jesús de Praga, Asociación Benéfica Damas da Concepción, Manuel Parcero Rodríguez e Bieto Ledo Cabido, son as persoas e colectivos que este ano recibirán o galardón de vigueses distinguidos, segundo acordo en sesión extraordinaria e urxente a Xunta de Goberno Local celebrada o 21 de marzo, ás 13 horas.
A distinción de "Vigueses Distinguidos" é un galardón que concede a Corporación Municipal polo que se distingue a unha persoa ou grupo de persoas que sobresaíron ó longo da súas vidas, polas súas virtudes humanas ou polo seu facer profesional; vigueses famosos, populares e incluso, nalgúns casos persoas que polo seu labor calado, polo seu auto rexeitado protagonismo, non son coñecidas pola maioría.
A cerimonia de entrega dos galardóns de "Vigueses Dintinguidos" terá
lugar o vindeiro 29 de marzo, ás 20 horas, no Teatro do Centro Cultural Caixanova, no que se procederá tamén á imposición da Medalla da Cidade ao Hospital Xeral e á lectura do pregón da Reconquista.
Os actos de conmemoración da Reconquista da cidade terán lugar o día 28 de marzo ás 12 horas na praza da Independencia coa Homenaxe aos héroes da Reconquista e ás 13 horas no Pazo Museo Quiñones de León entregaranse os pendóns da Reconquista.
Doutor José María Teijeiro Rois
Solicitude avalada pola clínica médico forense de Vigo, pola Asociación Alborada, pola Asociación Española contra o cancro, polo Colexio de Avogados de Vigo, por Cáritas Diocesana, pola Fundación Liste e diversas entidades de carácter social.
Oriúndo de A Coruña, de 73 anos de idade, veciño de Vigo durante moitos anos, doutor en Menciña pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Psiquiatría polas Universidades de Ginebra e Santiago de Compostela, home humanista, músico, pintor, cunha longuísima práctica profesional en clínicas psiquiátricas de Ginebra, Neuchatel, Sherbrwokd (Canadá). Director do Hospital Psiquiátrico O Rebullón de Vigo, de Cedro, e de Alborada. Fundador de Asvidal , Doa Renazcenza (Alcohólicos Abtinentes), de Xogadores Anónimos. Propulsor de Imán (apoios cero positivo de Sida).
Doutor Manuel Robles González
Candidatura apoiada pola Real Academia de Belas Artes, pola Concellaría de Cultura do Concello de Vigo, pola Fundación Liste, pola Fundación do Colexio de Avogados de Vigo, polo Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, polo Director da Universidade Popular e diversas entidades de carácter social e 300 sinaturas.
Oriúndo de Madrid, de 79 anos de idade, veciño da comarca de Vigo dende 1940, licenciado en menciña e ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en Belas Artes . Cruz de San Raimundo de Peñaflor. Médico Forense de Vigo de longuísima traxectoria profesional. Doazóns benéficas de obras de pintura propias á Asociación Española contra o Cancro, Cruz Vermella, Cáritas, Amencer e recentemente na pro-afectados da marea negra do Prestige. Colaborador en todas as campañas contra a drogadicción cun longo historial en charlas e conferencias. Promotor na creación da clínica forense da cidade de Vigo.
Club de los Leones de Vigo
Fundado en Vigo dende 1972, servindo á comunidade en varios cometidos sociais de forma voluntaria, tratando de crear e fomentar un espírito de entendemento entre os pobos do mundo, entre eles o programa de prevención da vista, co establecemento e colaboración cos bancos de ollos do mundo.
Intercambio xuvenil para relacións de carácter cultural. Organizadores de servicios de cans lazarillos para cegos.
Javier de la Gándara Alonso
Candidatura avalada por diversas entidades deportivas. Oriúndo de Vigo, de 45 anos de idade, veciño da Ramallosa, Estudios empresariais no Colexio Universitario de Vigo, Capitán de Iate, creador da empresa Velas Gándara Vigo, S.L., creador e preparador de equipos de vela lixeira, deseñador de novas embarcacións deportivas, campión galego de vela, subcampión de España 470 de vela lixeira, campión do mundo por equipos de 420 de vela lixeira, preolímpico 1984, terceiro no campionato do mundo de vela cruceiro 1989, campión do mundo patróns de vela transoceánica 1993 e 1994 Clase Wor 60, longo currículum trofeos e medalla de oro de salvamento marítimo. Participación activa na Regata Volvo Ocean Race.
Escola Municipal de Danza e Percusión
Candidatura avalada pola Concellería de Festas e Animación sociocultural. Fundada en Vigo en 1989 e dirixida dende entonces por Wenceslado Cabeza de Toro, a iniciativa do entonces Alcalde de Vigo D. Manuel Soto Ferreiro. Imparte clases de danza, música e etnografía, cun abanico de idades entre os 4 e os 65 anos onde formou a 10.000 alumnos, contribuíndo á difusión do folclore galego na que participan 19 centros ademais da escola central. Esta escola representou á cidade de Vigo en numerosos certames.
Eduardo Fernández Davila
Oriúndo e veciño de Vigo de 47 anos de idade. Diplomado en "Shipping" polo London School of Foreign Trade. Creador e presidente das empresas Marín Fruit Terminal S. L e do Grupo Davila e Terminales Marítimas de Vigo, S.L., desenvolvendo actualmente o proxecto Marina Davila Sport. Creador de máis de 200 postos de traballo no seu grupo de empresas cun crecemento dun 20% anual.
Raimundo Sendino Ortega
Solicitude avalada pola Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, por D. Julio Fernández Gayoso en representación de Caixanova, por PSA Citroën e polo Director GKN Driveline, S.A.Vigo. Carécense de datos biográficos, solo a súa colaboración na formación de varias xeracións das artes gráficas na nosa cidade, destacándose especialmente o seu labor no Colexio Hogar Caixanova dende 1956, tanto no terreo da formación das artes gráficas coma na práctica do deporte.
Colegio Niño Jesús de Praga de Vigo
Solicitude avalada pola Asociación de Pais e Alumnos deste Colexio e pola Concellaría de Cultura deste Concello.
Rexentado inicialmente polas Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul. Oficialmente colexio dende 1950 e fundado no ano 1903, inicialmente coma colexio gardería entre cuias actividades incluíanse economato e ropero. Cumpre polo tanto 100 anos de importante actividade impartindo unha educación integral, mantendo a súa situación, tradicionalmente, no barrio do Areal de Vigo.
Asociación Benéfica Damas de la Concepción a favor de la pobreza oculta
Solicitude avalada por sinaturas. Entidade de antiga raigambre en Vigo, fundada en 1935 polo Padre Agustín Bandín e presidida durante anos pola Condesa de Torrecedeira, . Con só 14 persoas consigue, dentro da máis absoluta discreción, chegar coa obra a quen non queren declarar a súa necesidade. Carecen de subvencións oficiais de ningún tipo, sen abandonar en ningún momento o seu labor pese á dificultade na obtención de recursos.
Está presidida actualmente por Da. Pilar Saenz Díez, sendo a súa secretaria Da. Mercedes Suárez-Llanes Gómez.
Manuel Parcero Rodríguez
Solicitude avalada pola Federación de Peñas Recreativas El Olivo. Delegado en Vigo da Federación Galega de Fútbol e da Previsión Social de Futbolistas. Insignia de Ouro da Federación Galega de Fútbol. Recuperador da Copa Vigo. Longa traxectoria co fútbol base.
D. Bieito Ledo Cabido
Oriúndo da provincia de Ourense e veciño de Vigo, está ó cargo da empresa Editorial Ir Indo, asentada na cidade dende hai 20 anos, coordinador da Enciclopedia Galega Universal, complexa tarefa de selección dos temas relativos a Galicia. Funcionario en excedencia deste Excmo. Concello. Impulsor dos Premios da Crítica de Galicia dende 1977 e impulsor do Círculo Ourensán Vigués, eterno defensor da lingua galega.