Obradoiros e mostra completan a presentación do documental "Cestos do Mar de Vigo"
Este fin de semana, durante os días 26 e 27 de marzo, continúan os obradoiros e a mostra que veñen a completar o acto de presentación do documental "Cestos do Mar de Vigo" no Museo do Mar de Galicia en Vigo.

Continuando coas actividades programadas con motivo do acto da presentación do documental "Cestos do mar de Vigo" o próximo fin de semana durante o sábado 26 e domingo 27, continuarán os obradoiros demostrativo e familiar das técnicas da cestería relacionadas co mar en horario de 11 a 14 h e de 17 a 21 h. A estes obradoiros pode asistir todo o público que o desexe, e son de acceso e participación totalmente gratuita. Nenos e adultos traballarán conxuntamente e poderán practicar o oficio do cesteiro guiados por monitores especializados.
Os obradoiros están a cargo dos artesáns José González Fernández (Toño), Antonio Suárez Dávila, Mª Jesús Barreiro García e José Carlos González Martínez.
Continúase tamén durante toda a semana e ata o 17 de abril coa proxección en contínuo do documental "Cestos do mar de Vigo" realizado pola Casa do Cesteiro, que recolle a historia e a elaboración de pezas de cestería empregadas tradicionalmente durante os labores de pesca e marisqueo na Ría de Vigo. Este documental está tamén á venda na tenda do propio museo do Mar, ó prezo de 5 euros.
Permanece tamén aberta ata ese mesmo día a mostra de cestos tradicionais da nosa ría como son as patelas, canastos, tercios, nasas, esportas...acompañada por un catálogo sobre as pezas expostas.
A presentación deste singular documental de carácter etnográfico e antropolóxico tivo lugar o pasado venres no Museo do Mar de Galicia en Vigo cunha gran acollida, e foi moi loubado polo numeroso público que se achega dende a pasada fin de semana ás instalacións do Museo do Mar de Galicia.
Descargar todas as imaxes