A entrega dos estandartes restaurados, o acto mais novedoso da Reconquista
A entrega simbólica duns antigos pendóns restaurados no museo Quiñones de León á alcaldesa da cidade, Corina Porro, será o acto mais novedoso do luns 28, día no que Vigo celebra a súa Reconquista.
O Concello de Vigo celebrará entre os días 28 e 29 de marzo os actos de conmemoración da Reconquista da cidade. O luns 28 de marzo terá lugar, na praza da Independencia, a homenaxe aos héroes da Reconquista. Este acto terá lugar ás 12 da mañá.
A continuación, á unha do mediodía terá lugar, no Pazo Museo Quiñones de León, o acto de entrega dos pendóns da Reconquista. Este evento, que se realiza por primeira vez na cidade, consistirá na entrega simbólica do museo á alcaldesa duns antigos estandartes restaurados. Dícese que esta bandeira foi a mesma que usou a milicia viguesa na guerra da independencia.
O martes 29, no Centro Cultural de Caixanova, terá lugar o acto de entrega do galardón aos Vigueses distinguidos e imposición da medalla da cidade. A continuación lerase o pregón da Reconquista.
Descargar todas as imaxes