luns, 5 dec 2005
Protección Civil ofrecerá o martes, co gallo do Día Internacional do Voluntariado, unha comida para homenaxear a súa agrupación de voluntarios. Ao evento asistirán o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, o concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, a concelleira de Distrito Marisol Polo e autoridades portuguesas.
venres, 2 dec 2005
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil recibirán o "Salacot de Honor" que concede a Policía Local de Vigo desde o ano 2002 como recoñecemento ás persoas e institucións que se signifiquen polos valores do lema da cidade "Fiel, Leal, Valerosa e sempre Benéfica".A distinción entregarase o luns,día 5,no decurso da Gala de Confraternidade da Policía Local que este ano celebrase baixo o lema "Só conséguese aquelo que antes soñouse".
martes, 29 nov 2005
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, asiste ao Congreso Español e Iberoamericano de Sistemas Intelixentes de Transporte (ITS), que se celebra en Málaga do 29 de novembro ao 2 de decembro e no que se decidirá a celebración da seguinte edición do ano 2006 en Vigo.
martes, 29 nov 2005
O Departamento de Tráfico do Concello ultima os detalles da sinalización que regulará a circulación de camións de máis de 10 toneladas dentro do núcleo urbano de Vigo, a partir dunha proposta, elaborada en colaboración coa Universidade, que determina os percorridos admitidos para estes vehículos.
luns, 14 nov 2005
A alcaldesa, Corina Porro, estivo hoxe luns nas dependencias da Policía Local para felicitar os seus membros polo traballo realizado durante a celebración da Volvo Ocean Race.
mércores, 26 out 2005
Como en cursos anteriores, o departamento de Educación Vial da Policía Local está a desenvolver unha campaña dirixida aos centros de educación infantil e primaria. Neste 2005-2006 participan nesta actividade formativa máis de 13.000 alumnos de 82 colexios.
venres, 21 out 2005
O Concello de Vigo incorpora un sistema de catro cámaras en directo na súa páxina de Internet, co propósito de dar novos e mellores servizos aos cidadáns
xoves, 13 out 2005
A Xunta Local de Seguridade reuniuse hoxe xoves con dous temas principais sobre a mesa: dunha parte, a avaliación do cumprimento do convenio de colaboración entre o Concello, o Ministerio do Interior e a Dirección Xeral da Policía; da outra, os preparativos para a Volta ao Mundo de Vela.
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
luns, 3 out 2005
Ponse en coñecemento do público en xeral que estarán pechadas ao tráfico as rúas Teófilo Llorente e Mestre Mateo, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 05 de outubro de 2005 ás 08:00 horas
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
venres, 23 set 2005
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de saneamento, estará pechado ao tráfico o camiño Pardaiña, á altura do número 54, con acceso exclusivo para residentes, o luns 26 de setembro de 2005 dende as 08:00 horas até as 20:00 horas