Escoitar

Vigo organizará o vindeiro ano o Congreso de Sistemas Intelixentes de Transporte

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, asiste ao Congreso Español e Iberoamericano de Sistemas Intelixentes de Transporte (ITS), que se celebra en Málaga do 29 de novembro ao 2 de decembro e no que se decidirá a celebración da seguinte edición do ano 2006 en Vigo.

martes, 29 nov 2005
1133270280tubo.jpg
Os congresos de ITS son o máximo expoñente internacional de estudos sobre tecnoloxía do transporte incluíndo aspectos como xestión da mobilidade, accesibilidade restrinxida, información do tráfico, xestión de tráfico e de transporte público, entre outras materias.

No Congreso do 2006, ademais do Concello de Vigo, participarán a Dirección Xeral de Tráfico e a Dirección Xeral de Estradas e convidarase a participar á Xunta de Galicia, ademais das empresas e organizacións do máis alto nivel.Ademais do simposio , ao que se agarda que asistan máis de 500 persoas, haberá un espazo reservado a stands e zonas de exposicións.

A organización do Congreso será responsabilidade da Concellaría e Área de Mobilidade e Seguridade.
Descargar todas as imaxes