Escoitar

Percorrido musical polos mitos e o amor no Festival Are More

A Parroquia María Auxiliadora acollerá o martes, 29 de novembro, o concerto da soprano María Cristina Kiehr o barítono Furio Zanassi e a agrupación "Stylus Phantasticus", que comezará ás 20.45 horas, no marco do ciclo "As imaxes do amor" do Festival Are More de Vigo. Na súa actuación farán un percorrido musical polos mitos e o amor baixo o título "Apollo e Daphne" e interpretarán obras de Malvezzi, Cavalieri, Monteverdi, Rosenmüller e Legrenzi.

luns, 28 nov 2005
1133179121are.jpg
María Cristina Kiehr, nacida en Arxentina pero de orixe danés, recibiu no país sudamericano as primeiras leccións de canto e violín en 1983 trasladouse a Europa para proseguir os seus estudos de canto na Schola Cantorum Basiliensis en Suiza, baixo a guía de René Jacobs e Eva Krasznai en técnica vocal. Deste xeito comezou a súa actividade como solista tanto en Europa como Estados Unidos, Sudamérica, Australia e Xapón, participando xunto a directores de sona, formacións orquestrais e de cámara, tanto en concertos como en gravacións.É membro fundador do cuarteto vocal La Colombina, co cal se dedica á música do Renacemento español e latinoamericano, que da pe á gravación de numerosas produccións discográficas. Ademais, xunto ao clavecinista Jean-Marc Aymes crea o grupo Concerto Soave, que se centra na música italiana do primeiro Barroco. A súa actividade artística baséase na busca e a recreación, e neste sentido gravou a premiere da obra de compositores do século XVII, como Giovanni Felice Sances, e rescatou as cancións de Fanny Hensel na Filharmonica de Berlín.

Pola súa banda, o barítono Furio Zabasi comezou a súa actividade na música antiga, nun repertorio que abrangue dende o madrigal á cantata, dende o oratorio á ópera barroca. Colaborou con numerosos ensembles e participou nos máis prestixiosos festivais de música antiga, tanto en Italia como en outros países como Alemania, Francia, República Checa, Austria ou Holanda.

En canto a agrupación "Stylus Phantasticus", creada en 1993, está formada por músicos que se formaron na Escola Basiliensis de Suiza. Gravaron, como primicia mundial e xunto ao
cantante Víctor Torres, o disco dedicado a Philipp Heinrich Erlebach, "Zeichen im Himmel", que recibiu unha acollida entusiasta na prensa. En outono do 2003 editaron o segundo disco, dedicado á música de cámara e as cantatas de Dietrich Buxtehude, con María Cristina Kiehr e Víctor Torres como solistas. Na súa interpretación, baseada na improvisación da música instrumental barroca, "Stylus Phantasticus" desexa espertar a imaxinación do público, así como conmovelo e sorprendelo pola súa liberdade, virtuosismo i expresividade.
Descargar todas as imaxes