A Corporación solicita a nulidade das setenzas das persoas executadas na represión franquista
Flor Baeba Alonso, irmá de Xosé Humberto Baena, un dos últimos fusilados polo franquismo en 1975, e en representación de Amnistía Internacional, compareceu hoxe luns na pleno para pedir á Corporación Municipal que solicite ao goberno español que adopte as medidas lexislativas necesarias para que decrete a nulidade das sentencias dictadas por procesos inxustos. Tamén solicitou que se garante o dereito á reparación das víctimas e familiares de todos os condenados a morte e executados polo réxime franquista.
Neste senso a Corporación aprobou unha moción na que expresa a súa condena absoluta e sen reservas á pena de morte e comprometerse a traballar a prol da abolición e da conmutación da pena das persoas condeadas a morte. Na moción encoméndaselle á alcaldesa que se dirixa por escrito á Presidenta de Filipinas, Macapagal Arroyo, solicitándolle que lle conmute a pena de morte a Francisco Larrañaga, promova a abolición da pena de morte no seu país e suspenda as execucións de todos os presos que están pendentes de execución. Tamén encargouse á Alcaldesa que, no nome da Corporación, se dirixa ó Presidente do Goberno e ó Ministro de Asuntos Exteriores pedíndolles que se interesen polos casos dos españois condeados a morte en EEUU, Yemen e Filipinas e fagan todos os esforzos necesarios para conseguir a conmutación das súas sentencias.
A pena de morte é a forma máis extrema de tortura e unha pena cruel, inhumana e degradante, constitúe unha violación do dereito á vida, é irreversible, entraña o risco de executar a inocentes e non se puido demostrar nunca que teña maior efecto disuasorio que outros castigos.
A tendencia é cara a súa abolición en todo o mundo, aínda que seguen sendo moitos os países que continúan aplicando a pena de morte (120 estados abolicionistas fronte a 75 retencionistas). En 2004 leváronse a cabo 3.797 execucións no mundo, segundo os datos de que dispón Amnistía Internacional, e que o 94% delas tan só en catro países: China, Irán, Vietnam e Estados Unidos.
O 30 de novembro cidades de todo o mundo conmemoran o aniversario da primeira abolición da pena de morte no mundo, no Gran Ducado de Toscana en Italia no ano 1786.
Na actualidade hai tres cidadáns españois, Pablo Ibar, Nabil Manakli e Francisco Larrañaga, condeados a morte en EEUU, Yemen e Filipinas respectivamente, estes dous últimos en perigo de seren executados de xeito inminente.
Das cinco persoas executadas mediante a pena capital en setembro de 1975 polo réxime franquista, dous delas, Xosé Humberto Baena Alonso e José Luis Sánchez Bravo, eran de Vigo.
A Corporación Municipal considera que os xuízos sumarísimos ós que foron sometidas estas persoas foron manifestamente inxustos e non cumpriron coas normas internacionais de dereitos humanos en materia de realización de xuízos xustos e que Xosé Humberto Baena era inocente do delicto do que foi acusado.
Descargar todas as imaxes