mércores, 30 novembro 2005

O MARCO acolle a partir de mañá xoves o Festival de Cine Dixital Resfest

Dentro da súa programación de decembro, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) acolle a partir de mañá xoves e ata o día 30 a novena edición do Festival de Cine Dixital Resfest. Este festival itinerante, que percorre diversos países dos cinco continentes, mostra os últimos traballos de cineastas independentes e de creadores consolidados no mundo da publicidade e do videoclip.

Case 3.000 persoas asistirán á Festa do Maiores

mércores, 30 nov 2005

A concellería de Benestar Social celebra o xoves, día 1, a Festas das Persoas Maiores , no recinto de Cotogrande, na que participarán 2.700 persoas de máis de 65 anos dun total de 31 centros e asociacións de maiores de Vigo. Ao acontecemento tamén asistirá unha delegación portuguesa de Oporto de 130 persoas. A Festa celebrarse con motivo do "Día Internacional das Persoas Maiores".

Concentración silenciosa na praza do Rei contra os últimos asasinatos de mulleres

mércores, 30 nov 2005

Membros da Corporación Municipal e cidadáns de Vigo volvéronse concentrar hoxe mércores na praza do Rei para protestaren en silencio contra a violencia de xénero. Nesta ocasión, os manifestantes mostraron a súa repulsa polos asasinatos de tres mulleres, acontecidos nos últimos días nas Palmas de Gran Canaria, Calpe (Alacante) e Valencia.