O tenor Ian Bostridge interpreta a obra de Schubert "A Bela Muiñeira" no marco do Festival Are More
O Teatro Fraga-Caixa Galicia acolle o xoves, 1 de decembro, ás 20.30 horas o concerto do tenor Ian Bostridge e de Graham Johnson ao piano, que interpretarán a obra de Franz Schubert "A Bela Muiñeira" no marco do ciclo "Encontros Crepusculares" do Festival Are More de Vigo.
Ian Bostridge iniciou a súa carreira de cantante en 1995 e os seus comezos en recitais de lieder de Schubert e Schumann, revelaron unha intelixencia musical e unha madurez artística acompañadas por unha técnica vogal e sentido do texto, constatados en Londres e en outras capitais europeas, en Nueva York e nos festivais máis importantes.Ao longo da súa traxectoria ten actuado nos mellores escenarios do mundo e participado en festivais tan prestixiosos como o de Edimburgo, Munich, a Shubertiade e Viena, entre outros.
Ademais de cantar coas orquestras de maior recoñecemento, como a Berlin Philarmonic, Viena Philarmonic, Chicago Symphony, Boston Symphony, London Phylarmonic ou New York Philarmonic, ten cantado baixo a dirección de Riccardo Muti, Mstislav Rostropovich, Daniel Baremboim e Daniel Harding, entre outros. Entre as súas gravacións gravacións destacan as dedicadas a Shubert, Schumann e Bach.
En canto a Graham Johnson, é un dos pianistas acompañantes máis prestixiosos do mundo. Nacido en Rodesia, iniciou seus estudos musicais en Londres no ano 1967, e xa en 1972 converteuse no pianista oficial das primeiras clases maxistrais de Peter Pears en The Maltings, o que o puxo en contacto con Benjamin Britten.
Co fin de explorar novas áreas de música vocal acompañadas a piano, en 1976 creou o Songmaker’s Almanac, xunto a Dame Felicity Lott, ann Murray, Anthony Rolfe Johnson e Richard Jackson, cos cales estableceu unha intensa e fructífera colaboración, tanto no escenario como en gravacións. Graham Johnson ten acompañado a cantantes de importancia como Victoria de los Ángeles, Sir Thomas Allen, Elly Ameling Matthias Goerne, Thomas Hampson, Dame Margaret Price ou Kate Royal.
Ademais de profesor de Acompañamento na Guildhall School of Music, ten sido presidente do xurado do Wigmore Hall Song Competition e liderou a Bienal para Novos Compositores de Canto dende 1985. Na actualidade está gravando unha serie integral de Shumann, á que seguirá outra de cancións francesas con compositores como Chausson, Chabrier e Fauré. Entre os seus premios compre destacar o Gramophone Solo Vocal Award obtido no ano 1989, en con Dame Janet Baker, en 1996 con Ian Bostridge, en 1997 con Christine Schäfer, e no 2001 con Magdalena Kozena.
O seguinte concerto do ciclo "Encontros crepusculares" será o sábado, 3 de decemnbro, no Teatro Fraga-Caixa Galicia, onde o Cuarteto "Quiroga" e o pianista Víctor Rodríguez farán un repaso pola experiencia camerística dos séculos XIX e XX.
Descargar todas as imaxes