Escoitar

Case 3.000 persoas asistirán á Festa do Maiores

A concellería de Benestar Social celebra o xoves, día 1, a Festas das Persoas Maiores , no recinto de Cotogrande, na que participarán 2.700 persoas de máis de 65 anos dun total de 31 centros e asociacións de maiores de Vigo. Ao acontecemento tamén asistirá unha delegación portuguesa de Oporto de 130 persoas. A Festa celebrarse con motivo do "Día Internacional das Persoas Maiores".

mércores, 30 nov 2005
1133352511social2.jpg
A Festa comezará ás 17 horas coa actuación da Coral Agarimo e e do grupo de maiores da Escola Municipal de Danza . Á mesma asistirá a alcaldesa Corina Porro e a concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias.

Organízanse visitas culturais, programas de vacacións, programas de deportes e colabórase con distintas asociacións de maiores a través de colectivos veciñais e sociais. No Centro de día préstase especial atención ás persoas maiores dependentes ou con deterioro cognitivo, preservando o maior tempo posible unha boa calidade de vida.

O 14 de decembro de 1990, a Asamblea Xeneral das Nacións Unidas, proclamou el 1° de outubro Día Internacional das Persoas de Idade. Unha revolución demográfica está sucedendo en todo o mundo. Actualmente hai arredor de 600 millóns de persoas de 60 anos e máis; esta cifra duplicarase para o ano 2025 e chegará a case dous mil millóns cara a o ano 2050 - a maioría de elos en países en vías de desenrolo. No noso mundo que envellece rapidamente, as persoas maiores desempeñarán un papel cada vez máis importante - a través do traballo voluntario, transmitindo a súa experiencia e coñecementos, coidando a súas familias e cunha crecente participación na forza laboral remunerada.
Descargar todas as imaxes

Máis información