O Concello concede 150.000 euros a 73 entidades privadas sen ánimo de lucro de Vigo
A Xunta de Goberno Local decidiu conceder subvencións por un importe total de 150.000 euros a setenta e tres entidades privadas sen ánimo de lucro de Vigo para o financiamento das actuacións de mellora das súas infraestructura e equipamentos desenvoltas en 2005.
As axudas, que van dos 945 aos 82.064 euros, distribuiranse entre diversas asociacións (veciñais, profesionais, de mulleres, de xubilados, de familiares de enfermos, xuvenís, etc.), centros culturais e outras entidades privadas sen ánimo de lucro.
Por outra parte, o Concello concederá unha subvención de 50.000 euros á Fundación Intermón Oxfam con destino aos damnificados polas recentes catástrofes naturais de Centroamérica e Cachemira.
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou un convenio de colaboración entre o Concello e a Consellaría da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para o desenvolvemento de actuacións de acollida e integración das persoas inmigrantes. O convenio conta cunha achega autonómica de 90.000 euros.
Tamén na área de Benestar Social, foi aprobado un convenio de colaboración con Caixa Galicia para a realización do programa "De boa man", consistente nunha exposición en que se venden productos confeccionados por persoas con discapacidade, a través das organizacións sen ánimo de lucro das que forman parte. Por este acordo, Caixa Galicia comprométese a achegar 12.000 euros, mentres que o Concello se encargará da organización da exposición.
Descargar todas as imaxes