Concentración silenciosa na praza do Rei contra os últimos asasinatos de mulleres
Membros da Corporación Municipal e cidadáns de Vigo volvéronse concentrar hoxe mércores na praza do Rei para protestaren en silencio contra a violencia de xénero. Nesta ocasión, os manifestantes mostraron a súa repulsa polos asasinatos de tres mulleres, acontecidos nos últimos días nas Palmas de Gran Canaria, Calpe (Alacante) e Valencia.
Nas Palmas de Gran Canaria, un home de 43 anos matou cun coitelo a súa muller, de 42, e feriu coa mesma arma o seu fillo, de 14, e a súa sogra, de 85. En Calpe (Alicante), un home de 60 anos acabou onte martes coa vida da súa muller. O uxoricida cometeu este crime cunha pistola coa que despois se suicidou. En Valencia, o luns 28 de novembro, un home de 28 anos matou a súa parella, da mesma idade, e feriu de gravidade a filla de ambos, de 12 meses, con arma branca.
No que vai de ano, 62 mulleres foron asasinadas en España a mans das súas parellas ou ex-parellas.
Descargar todas as imaxes
No que vai de ano, 62 mulleres foron asasinadas en España a mans das súas parellas ou ex-parellas.