Lucía Molares inaugura a pista de patinaxe situada enfronte da estación marítima
A concelleira Lucía Molares inaugurou hoxe venres a pista de xeo da carpa situada fronte á estación marítima. A pista permanecerá aberta ata o 10 de xaneiro para todos aqueles que se atrevan a patinar.
Lucía Molares patinou durante uns minutos para animar a todos os vigueses a achegarse á carpa. Xunto á concelleira estivo o ciclista Óscar Pereiro, gañador dunha etapa do pasado Tour de Francia.
A pista, que pode acoller ata 80 patinadores ao mesmo tempo, ten os seguintes horarios: de luns a xoves, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00; os venres, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 02:00; e os sábados, de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 02:00.
Existe un prezo único de seis euros para todos aqueles que compren a súa entrada na taquilla, que está na entrada da carpa. Con todo, polas mañás e ata o 21 de decembro, varios colexios públicos levarán os seus alumnos a patinar de balde, grazas á Concellaría de Xuventude, os luns e os martes. Os alumnos de varios colexios privados e concertados gozarán da pista de mércores a venres, previo pagamento dunha cota simbólica por parte dos centros.
Os mozos que queiran patinar nesta pista poderán facelo os venres e sábados de 10:00 a 14:00, coas invitacións que se repartirán dentro do programa "Noites Vivas", da Concellaría de Xuventude.
Descargar todas as imaxes