xoves, 24 nov 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves á Xunta de Goberno Local a anulación da aprobación definitiva do proxecto de normalización de predios da UR 1 de Esparramán, de Bembrive.
xoves, 24 nov 2005
A Xunta de Goberno Local mantivo hoxe xoves unha reunión extraordinaria e urxente. Entre os proxectos que aprobou están o de construción dunha piscina cuberta en Valadares e o de rehabilitación do estanque e do muro de peche do xardín histórico do Pazo Museo Quiñones de León.
xoves, 24 nov 2005
A alcaldesa Corina Porro e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinaron hoxe xoves convenios de colaboración con 14 clubes deportivos de categoría nacional da cidade, que participan en competicións federadas, por importe de 256.500 euros.
xoves, 24 nov 2005
A alcaldesa, Corina Porro, entrevistouse hoxe xoves no Concello co director xeral de Cooperación e Comunicación Cultural do Ministerio de Cultura, Carlos Alberdi, para trataren da futura colaboración do Ministerio co Museo de Arte Contemporánea (MARCO) e da posibilidade de dotar a Vigo dunha biblioteca do Estado.
xoves, 24 nov 2005
O estreno en España da ópera "A Cenicienta" é a obra elexida para pechar o ciclo "A formación de públicos no Are More" os vindeiros 25 e 26 de novembro no Teatro Fraga-CaixaGalicia, baixo a dirección musical de Aurelio Viribay e a dirección de escena de Alberto de Miguel.
Anuncio Muller
xoves, 24 nov 2005
A Concellería da Muller en colaboración coa Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo abre o prazo de inscrición para o curso:<br />
"Obradoiro: valoración da identidade e da autoestima na muller"