Escoitar

Comezan as cenas líricas da tempada operística de Vigo

O xoves, día 24, comezan as Cenas Líricas, no marco d programa "Lírica de Outono" e baixo unha idea do Concello de Vigo, principal patrocinador da tempada operística, de levar as diversas manifestacións musicais a ámbitos populares. Organizadas por Amigos da Ópera e coa colaboración do Conservatorio Superior de Música de Vigo e do Conservatorio Mayeusis, contarse coa participación de dúas sopranos, Ana Cristina López Ferreira e Cristina Barriga García; un tenor, Enrique A. Martínez e a colaboración especial do pianista: Alejo Amoedo.

mércores, 23 nov 2005
1132756994lirica2.jpg
O restaurante Il Duomo preparou para a ocasión, un menú especial que, baixo o nome xenérico de Rapsodia di Sapori, ofrece pratos como aperitivo "Bellini", berenxenas á "Lucrezia Borgia", mousse "Giuseppe Verdi", risotto "Catro estacións de Vivaldi", medallóns de solomillo "Rossini" e doce "Le nozze di Figaro". A cena ten previsto comezar ás 21.30 horas.

O programa a interpretar contempla:
Dúo Papagueno y Papaguena "La Flauta mágica"(W.A.Mozart)
Ana Cristina Lópes Ferreira
Enrique A. Martínez

In uomini in soldati "Cossí fan tutte"(W.A.Mozart)
Ana Cristina Lópes Ferreira

É amore un ladroncello "Cossí fan tutte"(W.A.Mozart)
Cristina Barriga García

Amarilli mía amata
Enrique A. Martínez

O mío babbino caro "Gianni Schicchi" (G.Puccini)
Cristina Barriga García

Barcarolle "Les Contes D´Hoffmann"(J.Offenbach)
Ana Cristina Lópes Ferreira
Cristina Barriga García

Canta mendigo errante
Enrique A. Martínez

En un país de fábula
Ana Cristina Lópes Ferreira

No corté mas que una rosa "La del manojo de rosas"(Sorozabal)
Cristina Barriga García

Duetto due Gatti (Rossini)
Ana Cristina Lópes Ferreira
Cristina Barriga García

Soave si a il vento "Cossí fan tutte"(W.A.Mozart)
Ana Cristina Lópes Ferreira
Cristina Barriga García
Enrique A. Martínez
Descargar todas as imaxes