Corina Porro e Abel Caballero reúnense co obxectivo de mellorar a competitividade do Porto
O presidente da Autoridade Portuaria, Abel Caballero, propúxolle á alcaldesa, Corina Porro, nunha reunión mantida hoxe mércores, a construción dun peirao de 700 metros de lonxitude no actual dique da terminal de Bouzas. Con esta medida preténdese que o Porto de Vigo sexa o máis competitivo dos do noso contorno.
Tras o encontro, Corina Porro, avogou polo consenso como fórmula para "definir dunha vez por todas" o futuro do Porto. Neste sentido, afirmou que se deben satisfacer as necesidades do Porto, pero tamén as da cidade e sempre de maneira respectuosa co medio ambiente. A alcaldesa, que se reunirá outra vez con Abel Caballero dentro de 15 días, anunciou que informará os portavoces dos grupos políticos a fin de que contribúan á mellora do Porto coas súas propostas.
O novo peirao proposto por Abel Caballero adentraríase entre 90 e 100 metros na ría e tería 20 metros de calado. Os seus 700 metros de lonxitude permitirían o atraque simultáneo de dous ou tres buques, mentres que outros 400 metros permanecerían como dique. Para respectar o medio ambiente, a nova superficie descansaría sobre pilotes ancorados na roca e contaría cun dragado de 10 metros.
O obxectivo desta solución, cuxo custo se cifra en 17 millóns de euros, é pór en funcionamento para o tráfico de contedores unha superficie substancial da actual terminal de Bouzas, que mostra un notable grao de subutilización. Así, a superficie da terminal de contedores atinxiría os 300.000 m2, dos cales 70.000 corresponderían ao novo peirao.
De acordo coa proposta da Autoridade Portuaria, os 300.000 m2 da terminal de contedores de Bouzas servirían, co apoio da Plataforma Loxística do Porto de Vigo, para alcanzar "índices razoables de operatividade" que se sitúan nun mínimo de 1,5 teus/m2. Isto permitiría o manexo de cando menos 450.000 teus ao ano, fronte aos 190.000 actuais. Abel Caballero adiantou a intención da Autoridade Portuaria de manter operativa a superficie de 121.000 m2 da terminal de Guixar.
O obxectivo da proposta de Abel Caballero é triplicar a capacidade do Porto de Vigo, dos 200.000 m2 actuais a máis de 600.000. Esta medida, que o presidente da Autoridade Portuaria cualificou de "ambiciosa", pretende dotar o Porto de Vigo de capacidade para manexar todos os contedores que pasan polos portos galegos e do Norte de Portugal, converténdoo, así, no máis competitivo dos do noso contorno. Con isto preténdese garantir a operatividade e competitividade do Porto de Vigo ata 2023.
Así mesmo, a proposta da Autoridade Portuaria contempla para a terminal de Bouzas unha plataforma ferroviaria conectada coa saída sur da nova liña de ferrocarril e a transformación da fronte oeste da terminal nunha praia artificial urbana de acceso peonil. Ademais, inclúese a posibilidade de situar na terminal de Bouzas unha depuradora.
Descargar todas as imaxes