Inauguración das Xornadas "Arte contemporánea na democracia"
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, celebra os días 24 e 25 unhas xornadas de reflexión "Arte contemporánea na democracia". A inauguración estará a cargo de Carlos Alberdi, Director de Cooperación y Comunicación Cultural do Ministerio de Cultura, e a continuación comezará unha das tres mesas redondas que se desenvolverán entre o xoves e o venres, todas elas de entrada libre para o público en xeral.
Estas xornadas forman parte do ciclo de encontros "Cultura en democracia", organizado polo Ministerio de Cultura, que dende o mes de maio se ven celebrando en distintas cidades e sedes de España, e que ten como obxectivo reflexionar sobre a evolución da cultura española durante os últimos 30 anos, marcados pola construción dunha sociedade democrática, e fomentar o diálogo e debate en torno aos retos que presentan os tempos novos.
Dentro dos temas tratados neste ciclo de encontros, o MARCO de Vigo foi elixido como sede para acoller as xornadas sobre "Arte contemporánea na democracia", organizadas conxuntamente por este museo e polo Ministerio de Cultura, a través da Dirección General de Cooperación y Comunicación Cultural.
O programa estrutúrase en tres mesas redondas: a primeira delas ofrece unha lectura diacrónica dos anos 80 e 90; a segunda, unha avaliación sincrónica da situación actual; por último, analízanse outros modelos de xestión artística. Baseadas nunha análise da cronoloxía e a historia dos diferentes centros de arte inaugurados en España durante os últimos trinta anos, estas mesas redondas tentan servir de punto de partida para afrontar algúns dos desafíos da cultura española no futuro.
As xornadas contarán coa presenza de nomes clave na recente historia da arte contemporánea en España: Gloria Picazo (directora do Centre d'Art La Panera, Lleida), Daniel Giralt-Miracle (crítico e historiador de arte), Rosina Gómez Baeza (directora de ARCO), Gloria Moure (crítica e comisaria, ex-directora do CGAC, Santiago de Compostela, e do Espai Poble Nou, Barcelona), Antonio Franco (Director do MEIAC, Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo, Badajoz), Carlota Álvarez Basso (anterior directora do MARCO e actual responsable de proxectos da Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, Madrid), Yolanda Romero (directora do Centro José Guerrero, Granada), Teresa Velázquez (directora do Museo Patio Herreriano, Valladolid), Javier González de Durana (director do ARTIUM, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo, Vitoria), Rafael Doctor (director do MUSAC, Museo de arte Contemporáneo de Castilla y León), Ferrán Barenblit (director do Centre d'Art Santa Mónica, Barcelona), Daniel Villegas (representante de AVAM, Artistas Visuales Asociados de Madrid) e Manuel Olveira, (ex-director de Hangar en Barcelona, recentemente nomeado director do CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela).
PROGRAMA DAS XORNADAS
XOVES 24 DE NOVEMBRO
11.30-12.00 Inauguración das xornadas a cargo de Carlos Alberdi, Director de Cooperación y Comunicación Cultural do Ministerio de Cultura
12.00-14.30 Mesa redonda
Primeira xeración de museos e centros de arte contemporánea de España: os anos 80 e 90
Modera: Gloria Picazo
Interveñen: Daniel Giralt-Miracle, Rosina Gómez-Baeza, Gloria Moure e Antonio Franco
18.00-20.30 Mesa redonda
Novos museos de arte contemporánea de España: do ano 2000 aos nosos días
Modera: Carlota Álvarez Basso
Interveñen: Yolanda Romero, Teresa Velázquez, Javier González de Durana e Rafael Doctor
VENRES 25 DE NOVEMBRO
10.00-12.30 Mesa redonda
Outros espazos culturais. Outros modelos de xestión
Modera: Ferrán Barenblit
Interveñen: Manuel Olveira e Daniel Villegas
Descargar todas as imaxes