"Navalia" servirá de escaparate internacional ao sector naval vigués do 23 ao 25 de maio
A Feira Internacional da Industria Naval "Navalia", que se celebrará no Ifevi do 23 ao 25 de maio, foi presentada hoxe mércores pola alcaldesa, Corina Porro, como unha oportunidade de promoción para o sector naval vigués, cuxos niveis de produción e emprego o sitúan como líder a nivel español.
Está previsto que "Navalia" reúna máis de 6.000 profesionais, entre os cales haberá visitantes de países como Rusia, China, Corea, Arxentina, Brasil e Estados Unidos. A exposición, que se vén preparando desde hai meses, contará, segundo o seu director, Javier Díaz Arnau, con entre 250 e 300 expositores de Galicia, España e do estranxeiro.
"Navalia" concíbese como unha feira de carácter bianual na cal se favorecerán as oportunidades de negocio e de intercambio no campo das industrias de contrución naval e auxiliares, permitindo alianzas estratéxicas con empresas doutros países e dando a coñecer, así mesmo, as novidades do sector.
Corina Porro afirmou que Vigo é "un lugar adecuado" para a celebración dunha feira destas características, dada a súa destacada posición nun sector naval que presenta unha "tendencia alcista" á cal, segundo dixo, deben contribuír tanto os empresarios como as institucións.
A feira contará con actividades complementarias tales como xornadas técnicas e financeiras, de seguridade, de lecer e de carácter cultural relacionadas co sector naval.
Descargar todas as imaxes