Escoitar

A sala de arqueoloxía do Museo de Castrelos permanecerá pechada por obras de acondicionamento

A sala que alberga a exposición permanente de arqueoloxía do Pazo-Museo Quiñones de León permanecerá pechada durante un mes debido a realización de obras de mellora nas instalacións que permitirán recuperar a capela e construir un acceso para minusválidos.

martes, 22 nov 2005
1132577530arqueologia.jpeg
Sala de arqueoloxía do Museo de Castrelos
As obras de mellora na sala de arqueoloxía, que recibe habitualmente unha gran afluenza de visitantes, fanse necesarias debido ao deficiente estado de conservación no que se atopa debido as filtracións de humidade e o deterioro dos revestimentos. Deste xeito, ademais de levarse a cabo a eliminación de barreiras arquitectónicas para facilitar o acceso a minusválidos, acondicionaranse a súa iluminación e os niveis de humidade.

Por outra banda, levarase a cabo unha reordenación dos accesos que inclúe a mellora da iluminación e da sinalización existentes na actualidade e a redución da humidade.

Así mesmo, recuperarase a capela para que deixe de ser un simple corredor e pase a ser un espazo con valor propio, rehabilitando e embelecendo o seu retablo. Para isto substituirase por outro o actual aplacado de mármore e o forrado de madeira das paredes, cambiarase a iluminación e procederase ao enlucido da bóveda.

Tamén se realizarán varias melloras na sala da área de descanso para os visitantes do museo. Estes traballos inclúen o pintado e saneado da área, a colocación dunha barra para a cafetería e de focos empotrados e a reposición da tarima de piñeiro.

Ademais, acondicionarase a sala de arqueoloxía coa construción dunha rampa de acceso para minusválidos, entre outras medidas. Esta sala ten unha grande afluencia de visitantes e está na actualidade nun deficiente estado de conservación debido á filtración de humidade e ao deterioro de revestimentos e á inadecuación da iluminación.

Así mesmo, levarase a cabo a impermeabilización perimetral da ala de servizos e a revisión de canalóns da capela.
Descargar todas as imaxes