luns, 21 nov 2005
A sétima edición do Pleno Infantil celebrouse na mañá do luns no Concello coa intervención de alumnos e alumnas de terceiro ciclo de primaria dos colexios Divino Salvador, CEIP Lope de Vega, CEIP. Pombal, Santa Cristina e CEIP. San Salvador, ademais do Colexio Martín Códax representado pola Alcaldesa Infantil da anterior edición. Esta acción a organiza a concellería de Benestar Social para conmemorar o Día Internacional dos Nenos e Nenas.
luns, 21 nov 2005
Os peóns e oficiais beneficiarios do Programa BIAL (Brigadas de Inserción e Actuación Local) continúan a realizar traballos demandados por varios departamentos municipais. A Xunta de Goberno aprobou hoxe luns as actuacións que deberán iniciarse durante o presente mes de novembro.
luns, 21 nov 2005
A Biblioteca Central realiza esta semana un obradoiro de improvisación oral en galego, as tradicionais regueifas ou desafíos cantados ao que asistirán centros de ensino de Vigo e da comarca.
luns, 21 nov 2005
O vicerreitorado de Extensión Universitaria e estudantes da Universidade de Vigo organiza, por cuarto ano consecutivo, a Feira de Asociacións da Universidade de Vigo -Universitúa-, encontro no que participan un total de 36 asociacións das tres universidades galegas e outras non universitarias. Neste ano, como novidade, celebrarase o primeiro Congreso Galego de Asociacionismo e Participación Cidadán. A Feira presentouna, na mañá do luns en rolda de prensa, o vicerrector Óscar Rubiños; a concelleira de Xuventude e Voluntariado, Lucía Molares; o director xeral de de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela; o director de Márketing de Caixanova, Jorge Santos e un representante do alumnado.<br />