Iñaki Martínez Antelo, novo director do MARCO<br />
O Padroado da Fundación MARCO decidiu o nomeamento de Iñaki Martínez Antelo como novo Director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, na xuntanza que mantivo o pasado xoves. Martínez Antelo é licenciado en Historia da Arte Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, e Master en Estética e Teoría del Arte polo Instituto de Estética adscrito á Universidad Autónoma de Madrid.
A resolución foi adoptada durante a XIII reunión do Padroado da Fundación MARCO, na que estiveron presentes a presidenta da Fundación, Corina Porro Martínez; o secretario, José Riesgo Boluda, e os vocais representantes das entidades fundadoras: Ignacio Javier López-Chaves Castro, Xosé Carlos Arias Moreira e Margarida Rosa Martíns Vilanova (polo Concello de Vigo); Luis Bará Torres e Fina Casal Martínez (pola Xunta de Galicia),Francisca Canal Gómez (pola Deputación de Pontevedra), e Guillermo Brea Vila (por Caixanova), ademais de Carlota Álvarez Basso, anterior directora do MARCO, na súa calidade de Padroa de Honra.
Unha vez rematada a reunión, a alcaldesa de Vigo e presidenta da Fundación MARCO, Corina Porro Martínez, fixo público o nome do novo director aos medios de comunicación reunidos no museo, e expresou a súa satisfacción pola boa marcha e resultado do proceso.
O proceso de selección iniciouse o día 23 de xuño de 2005, data na que se aprobou a resolución que establecía as Bases de convocatoria para o posto de Director/a da Fundación MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
A terna final de candidaturas estaba composta polos seguintes aspirantes ao posto de Director/a: Alberto González-Alegre Burgueño, Iñaki Martínez Antelo, e Cecilia Pereira Marimón. A última das persoas seleccionadas, Celia Prado, retirou a súa candidatura antes da fase final do proceso, que incluíu entrevistas cos tres finalistas durante a XII reunión de Padroado, celebrada o pasado 20 de outubro.
Iñaki Martínez Antelo (Santiago de Compostela, 1969) é licenciado en Historia da Arte Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, e Master en Estética e Teoría del Arte polo Instituto de Estética adscrito á Universidad Autónoma de Madrid.
Tras o seu paso polo Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (1996-1998), foi coordinador de exposicións no Auditorio de Galicia (1998-2002) e coordinador de actividades culturais en Casa Asia, Barcelona (2002-2003). Dende o ano 2003, pouco despois da súa inauguración, viña desempeñando o cargo de Responsable de Exposicións do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
A súa experiencia profesional inclúe labores de comisariado, coordinación de exposicións e outras actividades culturais, edición de publicacións, e participación en diversos proxectos e iniciativas relacionados coa arte e cultura contemporánea, tanto no ámbito nacional como internacional.
Descargar todas as imaxes