Escoitar
As actuacións terán lugar en distintos lugares da cidade, como o Teatro Fraga-Caixagalicia, no Manteca Jazz, no MARCO e na AAVV Mariña de Cabral

Música clásica, jazz, funk e teatro, son as propostas culturais do Concello para esta fin de semán

O departamento de Cultura propón para este fin de semán diversas alternativas que van dende a música clásica, no marco do Festival Are More, o jazz, integrado no ciclo Jazz Outono, o funk, no Sinsal Audio, e o teatro, no marco do ciclo teatral "Vigo a Escena", que se desenvolverán en diversos puntos da cidade.

venres, 18 nov 2005
1132320994amor.jpeg
Le Triomphe de L'Amour
Así, o 19 de novembro, o Teatro Fraga-Caixa Galicia acollerá, ás 20.30 horas, o concerto da orquestra barroca Le Triomphe de L’Amour, que estrenará en España a ópera de Marc-Antonie Charpentier "O descenso de Orfeo aos infernos". A orquestra Le Triomphe de L’Amour é un ensemble musical formado por cantantes e instrumentistas especializados no repertorio antigo que prestan especial atención ao repertorio barroco e que nas súas interpretacións empregan instrumentos de época.

Os solistas que interpretarán os mitos e o amor na ópera barroca francesa son as sopranos Orlanda Vélez, María Luisa Tavares, e Rosa Caldeira, os tenores Marco Alves dos Santos e Joâo Miguel Rodrigues, os barítonos Armando Possante e Rui Baeta, e o contratenor Ricardo Ceitil, baixo a dirección de António Carrilho e a dirección de escena e coreografía de Jacob de Graaf.

Pola súa banda, a orquestra está integrada por António Carrilho, frauta; Joana Amorim, traverso; António Ramos, violín; Clara Ramos, violín; Kenneth Frazer, viola de gamba; Edoardo Sbaffi, violoncelo; Pedro Wallenstein, contrabaixo; Tiago Matías, laúde; e Júlio Galvâo Dias, clave e órgano.

As súas formacións e orixes son variadas, xa que todos son solistas profesionais procedentes de distintos grupos e institucións artísticas como a Orquestra Barroca Divino Sospiro, o Grupo Vocal Olisipo, o Ensemble Udite Amanti, o Ensemble Barroco do Chiado e a Orquestra Sinfónica de Portugal, entre outras.

Jazz na sala manteca

Tamén o sábado, ás 24.00 horas na sala Manteca Jazz, terá lugar a actuación de The Funklab Quartet, que pechará o Festival Jazz de Outono.

Integrada por Vicenç Solsona, guitarra; Joan Díaz, teclados; Josep Cucurella, baixo eléctrico; e David Gómez, batería, esta agrupación catalana quere render homenaxe ao mestre Herbie Hancock, coa recuperación da música que el e os headhunters gravaron nos anos setenta.

O repertorio baséase en temas do propio Hancock que se encontran en importantes gravacións do funk eléctrico e tamén en temas orixinais que seguen a mesma estética, onde as bases rítmicas e o son vintage marcan con forza a súa idea estilística.

Música funk no Marco

En canto a música funk, o salón de actos do MARCO acollerá, o sábado ás 20.00 horas, a actuación de: James Yorkston (Reino Unido), Samara Lubelski (EEUU) e P.G. Six (EEUU)Organiza: SinSal Audio

Tras ter descuberto a fórmula máxica capaz de converter cancións en abrazos, sorrisos ou bágoas, James Yorkston decidiu facer pública a súa música. Despois veu a chamada de John Peel, a fichaxe por Domino, o recoñecemento de Rough Trade como disco do ano, o seu debut Moving up Country (Domino, 2002). E agora Just beyond the River, nunha edición especial que inclúe o EP Fearsome Fairytale Lover.

O nome de Samara Lubelski empezou a aparecer vinculado ao de Tara Jane O'Neil en grupos tan importantes como Rodan ou The Sonora Pine Xa xa principios dos 90. O ano pasado publicou Fleeting Skies, un folk-pop accesible cheo de cores luminosas, nada que ver co folk-rock doutros proxectos como Hall of Fame.

P. G. Six é Pat Gubler, un personaxe fundamental no underground máis ecléctico. Ten colaborado con Jim O'Rourke, Tim Barnes, Matt Valentine, Erika Elder, ou Samara Lubelski, nomes que nos levan ao mesmo punto de encontro: reminiscencias do folk clásico dos 70, tamén visible no folk de raíces pastorais de Alasdair Roberts, ou ben a vertente máis introspectiva e arriscada de nomes como Ben Chasny (Six Organs of Admittance) ou John Fahey.

Teatro "Vigo a escena"

Por último, o Teatro Avento, que actuará o domingo 20 de novembro na AAVV Santa Mariña de Cabral ás 19.00 horas, pecha as propostas culturais programadas polo Concello de Vigo para esta fin de semán.

Fundado en 1985, o Teatro Avento representará a obra "¿E agora qué facemos?", un espectáculo construido a partir de varias historias que en principio non teñen ningunha conexión entre elas, pero que finalmente entre todos se atopa o seu fío condutor.

O reparto artístico está integrado por Benito Alonso, Gloria Sampedro, Carlos R. Roca, Marcos Alonso, Karina gonzález, Natalia Villarino e Xoán Abreu. Pola súa banda, Lauri Abreu, Marcos A. Costas e Xoán Abreu forman o equipo técnico.
Descargar todas as imaxes